Rueda: “Sigamos traballando e convencendo sen complexos, con humildade, escoitando aos veciños e pensando nos 313 concellos”

30 de abril de 2023. Onte, na clausura da tradicional Romaría Popular do Pino, o presidente do PPdeG fixo un chamamento aos seus para que sigan traballando “sen complexos pero escoitando, con humildade, sen sectarismos, con altura de miras e sendo conscientes de que non hai nada gañado” e que o fagan pensando nos 313 concellos, en Galicia e nunha España gobernada por Alberto Núñez Feijóo.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que o PSdeG se sumara hoxe á solicitude ao Goberno central para que garanta fondos europeos ao proxecto de Altri en Palas de Rei

28 de abril de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou hoxe no Parlamento galego que o PSdeG “se sumara finalmente á solicitude ao Goberno de Pedro Sánchez para que cumpra o seu compromiso de garantir o financiamento necesario a través dos fondos Next Generation para a implantación da planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei, logo de que no Pleno do pasado 21 de marzo non apoiaran a proposta no mesmo sentido que saíu adiante co apoio dos deputados do PPdeG”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide por unanimidade ao Goberno central que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes

26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes e materialice os compromisos pendentes coas veciñas e veciños deste municipio, en particular, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado por Ferrol, dirixido á reactivación económica e social da cidade e das comarcas de referencia; dotando dos orzamentos necesarios para desenvolver con urxencia infraestruturas para modernizar as instalacións de Navantia Ferrol, nomeadamente, a construción dun dique seco que permita poñer en marcha o estaleiro 4.0; e estendendo a Ferrol os beneficios da alta velocidade, logrando a inclusión da liña Coruña-Ferrol no corredor atlántico de mercadorías, ademais da imprescindible modernización da liña Ferrol-Ribadeo.

Seguir leyendo

O Parlamento galego solicita ao Goberno de España medidas para superar as deficiencias existentes no servizo de atención ao público nas oficinas da Seguridade Social

26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adopte as medidas de reforzo necesarias para superar, de xeito inmediato, as deficiencias apreciadas nos servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social, de tal xeito que se garanta un servizo público efectivo e de calidade.

Seguir leyendo

O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG esixan que se ralentice a compra de fármacos e material sanitario imprescindible para atender aos doentes e salvar vidas

25 de abril de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento que BNG e PSdeG, “en nome dunha falsa transparencia, esixen que se ralentice a compra de fármacos e material sanitario imprescindible para atender aos doentes e salvar vidas”. Neste sentido, asegurou que “cada contrato, cada compra e cada céntimo de gasto sanitario está debidamente fiscalizado”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta a aposta da Xunta pola I+D+i, coordinada entre os seus departamentos, con cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación empresarial

25 de abril de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez defendeu hoxe no Pleno do Parlamento galego “a aposta da Xunta pola I+D+i, baseada na coordinación entre os distintos departamentos autonómicos; que acada cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación do sector empresarial, e polo tanto, de transferencia da ciencia á realidade social e económica a modo de innovación”.

Seguir leyendo

O Pleno do Parlamento galego aproba a Conta Xeral da Comunidade galega de 2020 e os informes de fiscalización do Consello de Contas

25 de abril de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2020 e os informes de fiscalización elaborados polo Consello de Contas, que reflexan unha execución do orzamento consolidado de gasto do 102,1 por cento e un aforro bruto de 1.043 millóns de euros, o que permitiu incrementar os investimentos sen recorrer ao endebedamento a pesar de afrontar unha situación de pandemia e emerxencia sanitaria nese ano.

Seguir leyendo