O presidente do PPdeG exemplificou hoxe, nunha visita xunto a candidatos ao Congreso e o Senado por Lugo ás instalacións do Grupo Jim Sports en Palas de Rei, no crecemento da Galicia interior no caso do concello de Palas de Rei e a comarca da Ulloa, vinculándoo á conxunción de “empresarios con ideas e administracións que apoian”
Alfonso Rueda mostra o seu rexeitamento ao pago polo uso das autovías recordándolle a Sánchez que circular pola A-6 e a A-8 é unha necesidade para os lucenses e non un capricho
O presidente do PPdeG fixo un chamamento aos seus a seguir loitando contra as mentiras do sanchismo, recordando que o propio Pedro Sánchez dixo que non implantaría peaxes nas autovías e que agora é o propio director da DXT o que recoñeceu que pasarán a implantarse no 2024.