O PPdeG leva ao Pleno unha iniciativa en defensa do Estado de Dereito e contra os ataques á Xustiza e aos medios de comunicación

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe os asuntos que se abordarán no vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia, unha sesión na que os populares galegos centrarán as súas iniciativas na defensa das institucións democráticas, do Estado de Dereito e dos intereses de Galicia.

Neste sentido, o Grupo Popular defenderá unha Proposición non de lei para expresar a condena do Parlamento ante os ataques dirixidos contra a Xustiza e os medios de comunicación, así como para reclamar transparencia e a depuración de responsabilidades políticas que poidan derivarse dos casos de presunta corrupción coñecidos nas últimas semanas e vinculados á contorna política e institucional do Goberno de España.

Alberto Pazos sinalou que “a confianza dos cidadáns nas institucións democráticas constitúe un dos principais activos de calquera sociedade” e advertiu da crecente preocupación social xerada por estes feitos e polo deterioro da credibilidade das institucións públicas.

“O Parlamento de Galicia debe trasladar unha mensaxe clara de defensa da independencia xudicial, da liberdade de información, da transparencia e da rendición de contas, principios esenciais para garantir o correcto funcionamento da democracia”, afirmou.

A iniciativa popular insta ademais ao Goberno de España a actuar con total transparencia e plena colaboración cos órganos investigadores, así como a poñer fin a calquera utilización partidista dos medios públicos estatais.

A iniciativa popular insta ademais ao Goberno de España a actuar con total transparencia e plena colaboración cos órganos investigadores, así como a poñer fin a calquera utilización partidista dos medios públicos.

DEFENSA DA TRANSFERENCIA ÍNTEGRA DA AP-9

O Grupo Popular levará tamén ao Pleno unha iniciativa para reivindicar que a transferencia da AP-9 se materialice exactamente nos termos aprobados por unanimidade pola Cámara galega.

Pazos mostrou a súa preocupación polos cambios introducidos polos grupos que sustentan o Goberno central nun acordo que modifica radicalmente aspectos substanciais do texto consensuado por todas as forzas políticas galegas, sen contar coa Xunta de Galicia.

Os populares defenderán que Galicia asuma a xestión integral da autoestrada, incluíndo a planificación, explotación, conservación e política tarifaria, sen limitacións nin reinterpretacións posteriores. Así mesmo, consideran irrenunciable que a transferencia non supoña ningún custo adicional para os galegos e que o Estado continúe asumindo todas as obrigas económicas derivadas da concesión.

REFORMA DO REGULAMENTO DO PARLAMENTO

O primeiro punto da orde do día da próxima sesión plenaria será a Proposición de Lei de Reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia, unha modificación puntual que conta co consenso dos catro grupos con representación na Cámara e que se tramitará por lectura única.
A reforma incorpora novos supostos para o exercicio do voto en situacións de hospitalización, incapacidade temporal ou enfermidade grave, ampliando así as garantías para que deputadas e deputados poidan exercer os seus dereitos parlamentarios.

Ademais, actualízase o réxime das preguntas orais pendentes ao remate dos períodos ordinarios de sesións, co obxectivo de dotar de maior claridade e axilidade á súa tramitación e favorecer un funcionamento máis eficaz da institución.

O pleno acollerá tamén a comparecencia do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para informar sobre a evolución das políticas de investigación e innovación impulsadas pola Xunta de Galicia.

O portavoz popular destacou que a ciencia constitúe unha das prioridades desta lexislatura e lembrou a aprobación do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, orientado a fortalecer o sistema galego de I+D+i, impulsar a transferencia de coñecemento e reforzar a competitividade da comunidade.

Segundo indicou, o ecuador da vixencia do plan representa unha oportunidade para avaliar os avances acadados e analizar os retos pendentes para seguir consolidando Galicia como referente en investigación e innovación.

PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS ESTRATÉXICAS PARA GALICIA

O Grupo Popular formulará ademais tres preguntas orais centradas en cuestións estratéxicas para Galicia.
A primeira delas abordará a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o parque eólico de Bustelo, que, segundo os populares, avala aspectos clave da tramitación administrativa e ambiental dos proxectos eólicos e pode contribuír a desbloquear o desenvolvemento das enerxías renovables na comunidade.

A segunda centrarase nos resultados da reunión mantida polo conselleiro de Presidencia co coordinador europeo do Corredor Atlántico, unha infraestrutura considerada fundamental para mellorar as conexións ferroviarias, reforzar a competitividade económica de Galicia e fortalecer os vínculos con Portugal e co resto de Europa.

Finalmente, o Grupo Popular preguntará polas consecuencias da aprobación polo Goberno de España do anteproxecto de Lei do Estatuto Marco do persoal sanitario. Alberto Pazos expresou a súa preocupación pola falta de consenso coas comunidades autónomas e cos profesionais médicos, así como polo impacto que esta situación está a ter sobre a asistencia sanitaria.

Neste sentido, lembrou que desde o inicio das folgas en decembro se suspenderon en Galicia preto de 245.000 actos médicos, ao tempo que destacou a capacidade de diálogo da Xunta, que acadou sete acordos con organizacións sindicais para mellorar as condicións laborais do persoal sanitario.

El PP denuncia la poca transparencia del Gobierno con el caso Zapatero: “Viajaba, negociaba, cobraba y el Gobierno ni se enteraba”

• José Manuel Barreiro reprocha la total opacidad del Gobierno en
los casos de corrupción y pregunta el por qué ocultan las
encomiendas a Zapatero
• El portavoz adjunto del PP señala a Elma Saiz por ocultar las
gestiones del expresidente: “¿Puede usted decirnos si había una
coordinación, si había algún tipo de indicación, si había algún
tipo de reporte por parte del señor Zapatero acerca de esas
actuaciones para el Gobierno?”
• “El principio de presunción de inocencia no está reñido con la
obligación de transparencia que tiene el Gobierno”, puntualiza
9 de junio de 2026.-
• El portavoz adjunto del GPP, José Manuel Barreiro, denuncia la poca
transparencia del Gobierno en los casos de corrupción que asolan al
Partido Socialista, poniendo el foco en el tema de Zapatero, del que la
Portavoz del Gobierno no ha querido decir nada: “Yo solo puedo
deducir de su opacidad, señora ministra, que el señor Zapatero viaja,
el señor Zapatero negociaba, cobraba y el Gobierno ni se enteraba”,
señala Barreiro.
• En estos términos lo traslada a la ministra de Inclusión, Seguridad
Social y Migraciones, Elma Saiz, tras preguntarle en la sesión de control
al Gobierno en el Pleno del Senado, si “considera el Ejecutivo
compatible con los estándares de transparencia exigibles en una
democracia que se ejerzan labores de mediación política sin ningún
mandato oficial”.
• El dirigente popular reprocha a la ministra Portavoz por ocultar las
gestiones del expresidente y pregunta: “¿Puede usted decirnos si había
una coordinación, si había algún tipo de indicación, si había algún tipo
de reporte por parte del señor Zapatero acerca de esas actuaciones
para el Gobierno?”
• Ironiza exclamando que “a título personal a alguien se le puede ocurrir
irse de vacaciones a Caracas, pero no creo que a ver al señor Maduro”.
• En este sentido, advierte a Saiz que el Gobierno “tendrá que
explicarnos en qué encomienda actuaba el señor Zapatero en esa labor
de supuesta mediación internacional”; y si lo hacía “a título personal o
actuaba con base a algún mandato”.
• Exclama de forma perpleja que, cada vez más, “hay determinadas
personas que no tienen ningún tipo de responsabilidad institucional que
están llevando a cabo una labor de mediación política, y sin que exista
ningún tipo de explicación parte del Gobierno”.
• “No cuestiono el principio de presunción de inocencia, pero debe de
estar de acuerdo conmigo en que eso no está reñido con la obligación
de transparencia que tiene el Gobierno”, recalca.