O PPdeG di que, fronte aos discursos catastrofistas da oposición, a Xunta inviste na mellora dos servizos públicos do rural galego

O PPdeG indicou que, fronte aos discursos catastrofistas dos grupos da oposición, hai unha Xunta que inviste na mellora dos servizos públicos do rural galego.

Durante unha visita aos terreos onde se vai construír o novo centro de saúde de Becerreá, a deputada do Grupo Parlamentario Popular, Encarna Amigo, acompañada do portavoz do PP da localidade, José Fernández Carrete, fixo referencia á recente adxudicación da redacción do proxecto; un paso decisivo, salientou, para facer realidade unha actuación que contará cun investimento superior aos 3,2M€. “É unha das actuacións sanitarias máis importantes dos últimos anos para Becerreá e para toda a súa comarca”, remarcou Encarna Amigo, quen explicou que este novo centro, xunto co PAC, “fará deste municipio un punto de referencia asistencial”.

Con máis de 2.000 metros cadrados, contará con consultas de medicina e enfermería e áreas específicas para pediatría e para a atención á muller. Entre as novidades, figuran consultas de traballo social, de hixienista ou, tamén, para a docencia. “Unha infraestrutura –dixo- que permitirá ofrecer unha asistencia máis moderna, máis cómoda para os usuarios e con mellores condicións de traballo para os profesionais sanitarios”.

Así mesmo e tal e como apuntou, levarase a cabo un reforzo do Punto de Atención Continuada. “O Goberno galego cumpre con Becerreá e con toda a comarca da montaña lucense”, sinalou. Para a deputada popular, a mellor resposta aos desafíos demográficos é garantir servizos públicos de calidade, con investimentos reais e proxectos transformadores.

O PPdeG insta ao Goberno a eximir do pago das cotas á Seguridade Social aos profesionais do marisqueo, que “non poden agardar máis”

O PPdeG insta ao Goberno central á “cumprir por unha vez a súa palabra” e eximir ás profesionais do marisqueo, “que non poden agardar máis tempo”, do pago temporal das cotas á Seguridade Social. Unha “medida” que o Executivo debe adoitar “con carácter urxente”, ante a “imposibilidade de desenvolver a súa actividade como consecuencia de episodios de temporais e a conseguinte mortandade do recurso” no que se basea o seu labor, sinalan os deputados populares galegos no Congreso.

Nunha batería de preguntas rexistrada polos deputados do PPdeG, lémbrase que hai xa dous meses a directora do Instituto Social da Mariña (ISM), Elena Martínez, anunciou de forma literal o compromiso dunha “preenmenda solicitando a exención nas cotizacións para o marisqueo naqueles casos nos que non perciban a prestación de cesamento de actividade”, como “consecuencia do Real Decreto Lei 5/2026, do 17 de febreiro polo que se adoptan medidas urxentes en resposta aos danos causados por diversos fenómenos meteorolóxicos adversos”.

Os deputados populares reclaman coñecer “como vai trasladar” o Goberno “a medida de exencións á lexislación” e demandan esclarecer se “está interferindo a directora do ISM na actividade lexislativa”. “O Real Decreto está validado e pendente de tramitación lexislativa, no que participan os Grupos Parlamentarios, pero non os organismos do Estado”, lembran os populares galegos. “En todo caso, debía ser responsabilidade do Goberno incluír esa medida no texto inicial do Real Decreto Lei no momento que foi aprobado polo Consello de Ministros, cando xa se sabía que a sucesión de borrascas a comezos de ano alteraran a produción de marisco en rexións do noroeste”, inciden.

MÚLTIPLES INICIATIVAS EN DEFENSA DO SECTOR

Ao longo dos últimos meses, o Partido Popular despregou múltiples accións nas distintas Cámaras lexislativas na defensa do sector marisqueiro. No Parlamento de Galicia logrou que se aprobara, sen votos en contra, unha iniciativa na que se insta ao Executivo de Pedro Sánchez a que asuma as súas obrigas legais e constitucionais coas traballadoras do mar galego e aplique a exención inmediata das cotas á Seguridade Social das profesionais do marisqueo.

Na mesma liña, o PP conseguiu aprobar na Comisión de Pesca do Senado unha iniciativa que igualmente reclama ao Goberno de España a exención temporal das devanditas cotizacións.

Previamente, o pasado 13 de marzo, a Xunta de Galicia enviou unha carta formal á dirección do ISM esixindo a exención das cotas, sen que, transcorridos máis de tres meses, se teña recibido ningunha resposta por parte do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

DESLEIXO DO EXECUTIVO DE SÁNCHEZ

O PPdeG censura que, mentres a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, aprobada polo Consello de Ministros o pasado 10 de febreiro, veu acompañada da activación de fondos inmediatos para outras comunidades, “Galicia aínda non recibiu nin un só euro”.

A maiores, os mariscadores e mariscadoras a pé sofren un agravio comparativo respecto a outros sectores que contan con mecanismos de protección antes causas de parálise de actividade. Unha situación de “desamparo”, provocada polo “desleixo” do Executivo de Pedro Sánchez, que contrasta coa folla de ruta deseñada pola Xunta de Galicia, que inclúe un plan de choque dotado con case 23 millóns de euros.

“A que espera o Goberno para actuar e terminar coa inxustiza flagrante que padecen as nosas mariscadoras?”, pregúntanse os deputados do PPdeG. “O Partido Socialista ten que deixar de mirar para outro lado, coa complicidade do BNG, e apoiar xa a un sector que atravesa una situación sumamente adversa”, conclúen.