Millán Mon defiende en Bruselas una Política Pesquera Común más equilibrada, flexible y orientada a la competitividad

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon participó hoy en Bruselas en la mesa redonda “Rumbo a la reforma de la Política Pesquera Común para garantizar el futuro de la pesca europea y de las comunidades costeras”, organizada por la Xunta de Galicia y la Conferencia de Regiones Periféricas Marítimas (CPMR), donde abordó los principales desafíos de la actual Política Pesquera Común (PPC) y las prioridades que, a su juicio, deberían orientar su futura reforma. En este sentido, reivindicó una PPC más equilibrada, flexible y orientada a la competividad.

 

La reunión, que fue presidida por la responsable de Mar del Gobierno gallego, Marta Villaverde, abordó el sector pesquero extractivo. En este sentido, Millán Mon señaló que uno de los principales problemas derivados de la aplicación de la PPC de 2013 es que no ha logrado mantener un equilibrio adecuado entre las tres dimensiones de la sostenibilidad: la ambiental, la económica y la social. Así, recordó que, mientras se han registrado avances en la recuperación de numerosas poblaciones pesqueras, la situación económica y social del sector se ha deteriorado en los últimos años.

 

El eurodiputado gallego destacó asimismo la creciente complejidad normativa que afronta el sector pesquero europeo y reiteró su petición de un paquete de simplificación específico para la pesca que permita reducir cargas burocráticas y mejorar la competitividad del sector. También se refirió a la falta de condiciones de competencia equitativas entre la flota europea y las flotas de terceros países.

 

En relación con la futura reforma de la PPC, Millán Mon insistió en la necesidad de construir una política “más equilibrada, más pragmática y mejor adaptada a los desafíos actuales”. En particular, abogó por recuperar el equilibrio entre las dimensiones ambiental, económica y social de la sostenibilidad, incorporando además la seguridad alimentaria como uno de los objetivos fundamentales de la política pesquera europea, en un contexto internacional muy complejo e incierto.

 

Asimismo, reclamó una mayor flexibilidad en instrumentos como el Rendimiento Máximo Sostenible (RMS) y la obligación de desembarque, especialmente en pesquerías mixtas. También destacó el papel fundamental de la pesca artesanal para regiones costeras como Galicia y subrayó la necesidad de reforzar la regionalización y el diálogo efectivo con el sector pesquero.

 

Por otro lado, el eurodiputado popular insistió en la necesidad de apostar decididamente por la modernización, renovación y descarbonización de la flota europea. Para ello, defendió revisar el concepto de capacidad pesquera, de manera que las inversiones destinadas a mejorar la eficiencia energética, la seguridad y las condiciones de habitabilidad de los buques (el llamado “tonelaje social”) no se vean penalizadas por las actuales limitaciones regulatorias. También subrayó la importancia de garantizar financiación suficiente en el próximo Marco Financiero Plurianual para acometer estas inversiones y favorecer el relevo generacional en el sector.

 

Finalmente, Millán Mon destacó la importancia de mantener una sólida dimensión exterior de la PPC, reforzando la red de acuerdos de pesca con terceros países y el liderazgo de la Unión Europea en las organizaciones regionales de ordenación pesquera (OROPs). Al mismo tiempo, exigió cautela en las negociaciones comerciales actualmente en curso, en particular con países del sudeste asiático como Tailandia o Filipinas. “Hay que tener mucho cuidado con los productos altamente sensibles para la industria europea, como la conserva de atún. Para Galicia, se trata de un sector muy importante desde el punto de vista económico y de empleo”, concluyó.

 

O Parlamento avoga por seguir impulsando as novas tecnoloxías no proceso de orientación laboral e na mellora da empregabilidade

O PPdeG puxo, hoxe, en valor “a estratexia continuada de modernización das políticas de emprego” do Goberno galego, no que a aposta pola dixitalización dos servizos, a mellora dos sistema de orientación laboral, a personalización dos itinerarios de inserción e a incorporación de novas ferramentas de apoio á empregabilidade ocupan un lugar prioritario.

Tal e como destacou Noelia Pérez, “Galicia quere e debe aproveitar o potencial das novas tecnoloxías para mellora a calidade dos servizos públicos”. Así, o Parlamento de Galicia, a través dunha iniciativa do Grupo Popular, avogou por continuar impulsando as novas tecnoloxías no proceso de orientación laboral e na mellora da empregabilidade. “A nosa responsabilidade é garantir que o progreso tecnolóxico se traduza en progreso social”, sinalou.

Durante a súa intervención, a parlamentaria popular incidiu na importancia de garantir nas políticas activas de emprego unha transformación dixital inclusiva e ao servizo das persoas desempregadas. De aí que os populares soliciten a incorporación no sistema público de orientación laboral un servizo de simulación de entrevistas, capaz, tamén, de recrear escenarios reais de selección de persoal, adaptados aos perfís profesionais e aos niveis de cualificación. “Trátase de dotar aos profesionais dunha ferramenta que reforce o seu traballo de orientación e de acompañamento aos demandantes de emprego en Galicia”, explicou.

Nesta mesma liña, defendeu seguir “liña de traballo coherente” que está a realizar o Goberno galego, encamiñada en reducir a fenda dixital, mellorar a capacitación das persoas demandantes de emprego e garantir, tamén, “que ninguén quede atrás nun contexto de profunda transformación tecnolóxica e nun mundo laboral cada vez máis cambiante”. O que se busca, sinalou, é “situar a Galicia nunha posición de liderado na incorporación responsable das novas tecnoloxías ao ámbito das políticas activas de emprego”.

“Galicia leva anos apostando pola mellora da empregabilidade dos galegos”, apuntou Noelia Pérez, quen, ao tempo, puxo en valor o proceso de modernización do servizo público de emprego de Galicia e dos centros de formación, que, para este 2026, destina preto de 7,5M€. Entre os obxectivos, dixo, está o de optimizar as instalacións e prestar uns servizos públicos cada vez máis eficaces, accesibles e adaptados ás necesidades actuais e reais dos cidadáns.

Moisés Rodríguez, ante o negacionismo industrial: “Dicir non a todo non é defender o territorio, é condenalo á perda de emprego”

“Dicir non a todo non é defender o territorio, é condenalo á perda de oportunidade, emprego e futuro”, apuntou, hoxe, Moisés Rodríguez, ao referirse ao negacionismo industrial que promove o BNG.

Así, o deputado do Grupo Parlamentario Popular reivindicou unha política industrial para Galicia ambiciosa, responsable e baseada no equilibrio entre desenvolvemento económico e protección ambiental; fronte a quen defende “posturas que bloquean sistematicamente o desenvolvemento Galicia”. Neste senso, o Parlamento vén de aprobar a iniciativa do Grupo Popular relativa a reafirmar o compromiso industrial e rexeitar calquera intento de instaurar unha cultura do bloqueo e da parálise.

Para Moisés Rodríguez, o impulso á industria sostible non é unha opción, senón unha necesidade estratéxica para garantir emprego de calidade, fixar poboación no territorio e asegurar a competitividade da nosa economía. E amosou a súa preocupación pola corrente de negacionismo industrial, promovida polos nacionalistas galegos, que emprega argumentos parciais ou infundados para xerar alama: “Non só frea investimentos, senón que pode chegar a expulsalos cara outros territorios, poñendo en risco a creación de emprego”.

Durante a súa intervención, aproveitou, tamén, para facer unha chamada á responsabilidade, xa que, tal e como incidiu, “renunciar á industria é renunciar ao futuro”. Segundo dixo, “o non a todo” resulta especialmente grave cando se produce fronte a iniciativas que cumpren estritamente coa normativa ambiental vixente. E afondou na aposta do PPdeG por unha industria moderna, sostible, innovadora e plenamente respectuosa co medio ambiente.

NOVOS TALENTOS PARA O SECTOR ARTESANAL
Por outra banda, a Cámara aprobou por unanimidade a proposición non de lei dos populares dirixida a reforzar a capacitación profesional do sector comercial e artesanal, a través dunha oferta formativa máis práctica e co obxecto de atallar o abandono dos oficios.

Neste senso, a iniciativa do Grupo Popular avoga por atraer novos talentos ao sector artesanal, ofrecendo unha formación de calidade en técnicas e procesos de diferentes oficios da man de profesionais e fomentando o coñecendo práctico. Tal e como apuntou Felisa Rodríguez, o impulso de programas formativos adaptados ás necesidades reais do tecido comercial favorece a xeración de emprego cualificado, a retención do talento e o relevo xeracional.

Para rematar, puxo en valor os programas que o Goberno galego está a impulsar nesta liña, como o plan estratéxico do comercio, as accións formativas para os desempregados ou iniciativas como Galicia Suma Talento, para fomentar a capacitación comercial: “Unha formación que non se queda na teoría, senón que se traduce en mellor servizo, máis competitividade e máis capacidade de adaptación”. Asemade, remarcou que programas como Artesanía na escola e Aprender da tradición. Oficios e técnicas van dirixidos a atallar o abandono dos oficios.

O PPdeG lamenta que PSOE e BNG consumen o “pacto da traizón” a Galicia co apoio a unha transferencia da AP-9 “rebaixada e sen garantías”

O PPdeG lamenta a “consumación do pacto da traizón” de PSOE, BNG e Sumar co seu apoio a unha transferencia da Autroestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia “rebaixada e sen garantías”, rachando co acordo unánime aprobado polo Parlamento de Galicia, que “si respectaba a vontade dos galegos e galegas”. O deputado popular Pedro Puy defendeu hoxe no Congreso a postura do PPdeG para esixir que se retome a proposta inicial que contou co apoio de tódolos partidos na Cámara galega e advertiu novamente das consecuencias deste texto “deturpado”, con condicións “inviables” para Galicia nos ámbitos financieiro, político e xurídico.

Pedro Puy ve “preocupante” a aprobación da nova lei de transferencia da AP-9 a Galicia que rompe co acordo do Parlamento galego, sinalando que non está garantido que o Estado asuma os custos asociados á transferencia, como o mantemento das bonificacións das peaxes, as inversións comprometidas ou a indemnización á concesionaria en caso de que a Unión Europea o ditamine. Para Puy, a incertidume financieira “é máxima” con esta lei modificada.

Para o deputado do PPdeG resulta “lamentable” que o BNG, na anterior tramitación da Proposición de Lei solicitase a retirada das emendas, -cousa que o PP fixo-, e que, sen embargo, o pasado 22 de abril votase en Galicia a favor de defender en Madrid a literalidade do texto orixinal, e, na realidade, os nacionalistas galegos participaron na modificación substancial da proposta “ás costas do grupo maioritario en Galicia e no Congreso, o PP”.

Igualmente, afea a «hipocrisía» de Junts, que sinalou no debate a súa postura a favor deste texto deturpado «porque llo pide o BNG» e, sen embargo, os independentistas cataláns admiten que estas condicións económicas «non lle valerían para Cataluña». Para os populares, isto amosa tamén que partidos políticos similares ao BNG noutras comunidades autónomas, como é o caso de Junts, “non quererían para eles o que os independentistas galegos defenden Madrid, porque, a realidade é que non lles importa Galicia”.

Os populares insisten en que “é fundamental” que esta transferencia veña acompañada dos “recursos económicos necesarios para a súa xestión e para manter todos os compromisos adquiridos ata agora”. Neste sentido, a responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, enviou esta semana unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, para esixirlle a volta á proposta de transferencia da autopista AP-9 a Galicia, lembrando que hai uns días, o Parlamento galego aprobou unha proposición que reafirma o posicionamento de Galicia en relación con la transferencia de la AP-9. Allegue advirte a Puente de que o Goberno galego rexeita “calquera reinterpretación, limitación ou condicionante» ao traspaso da autopista.

UN PROBLEMA PARA A COHESIÓN SOCIAL E TERRITORIAL

Pedro Puy sinalou hoxe no debate desta lei a importancia da AP-9: “Estamos ante un problema para Galicia, pero non exclusivamente galego, porque afecta á cohesión social e territorial de España e á competitividade das empresas que operan na contorna de da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Asturias e Castela e León”. Así mesmo, lembrou o agravio comparativo histórico con Galicia, xa que os usuarios da AP-9 soportan as peaxes máis caras do país.

“Alguén debería explicar por que se traizoan os acordos previos en Galicia e ata os acordos entre o PSOE e o BNG para a investidura de Sánchez no 2020, que garantizaban o traspaso libre de cargas da AP-9 xa ese mesmo anp”, concluíu Puy, que reivindicou ao PPdeG como o partido que “si mantén compromisos e si defende os intereses da cidadanía”.

Paula Prado esixe ao Goberno central a construción da estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas, “infraestrutura estratéxica para toda Galicia”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixe ao Goberno central que deixe de negarlle ao sector empresarial e industrial galego a construción dunha estación de mercadorías ferroviarias en San Cibrao das Viñas, “infraestrutura estratéxica para toda Galicia”. Lamenta que o Executivo de Pedro Sánchez, “sumido na corrupción, non está nin se lle espera” con esta loita na que os populares, asegurou, si acompañarán ao sector.

Así o manifestou durante un almorzo informativo con representantes da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, na que trasladaron as súas reivindicacións principais nun polígono que xa supera os cinco millóns de metros cadrados coa súa undécima ampliación. Na cita, tamén participaron a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, o eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, o presidente da asociación, José Antonio Rodríguez e outros membros da mesma.

A número dous dos populares galegos valorou a importancia do polígono de San Cibrao das Viñas como “absolutamente estratéxico” para toda Galicia, reivindicando o apoio dos populares á súa actividade empresarial e industrial, a través das diferentes administracións nas que goberna, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e, neste caso, o Concello de San Cibrao.

Insistiu en que a estación de mercadorías beneficiaría directamente aos polígonos empresariais de Seixalbo, San Cibrao, Pereiro de Aguiar, Barreiros e ao Parque Tecnolóxico de Galicia. “Non podemos consentir que Sánchez negue unha infraestrutura deste calibre dicindo que hai outra que pode substituíla”, insistiu sobre as escusas do Goberno central. Neste sentido, lamentou que o Executivo está “máis ocupado coa súa corrupción”, relatando os últimos acontecementos, coñecidos esta mesma semana.

Así, mencionou a maior condena por corrupción a un ex ministro en España, tralos 24 anos e tres meses de pena confirmados este mesmo luns a José Luis Ábalos; a detención de seis membros do goberno socialista no Concello de Soria e o arresto dun alto cargo del Ministerio de Medio Ambiente por un presunto caso de branqueo, coñecida hoxe mesmo, tamén vinculada á operación en Soria. Do mesmo xeito, criticou a comparecencia de Pedro Sánchez, na que “non asume ningunha responsabilidade nin autocrítica”.

“Teñen que disolver as Cortes e dar un paso a un novo Goberno. Que deixen a un presidente galego que se faga cargo do Goberno de España para atender as demandas da cidadanía, como, neste caso, á industria en Galicia”, apuntou a número dous dos populares galegos. Igualmente, afeou ao BNG que se manteña como “socio e cómplice” do Goberno “máis corrupto da democracia española”.

MARTA NÓVOA REIVINDICA UNHA DEMANDA HISTÓRICA

A alcaldesa de San Cibrao das Viñas agradeceu o apoio da secretaria xeral do PPdeG e do eurodeputado de Lalín polo seu compromiso coa escoita e a atención das demandas do sector industrial. “Queremos que se coñeza de primeira man as demandas do sector empresarial da man dun dos polígonos máis grandes de toda Galicia, con practicamente tódolos sectores representados”, sinalou.

A rexedora explicou a importancia da normativa europea, posto que “está en total relación co que ocorre despois nas empresas e, neste sentido, no caso do transporte levamos anos promulgando a necesidade dunha estación de mercadorías”, apuntou sobre a demanda histórica desta infraestrutura clave.

ADRIÁN VÁZQUEZ: “NON PODEMOS AFOGAR ÁS EMPRESAS CON BUROCRACIA E PAPELEO”

Por outra banda, o eurodeputado Adrián Vázquez fixo referencia ao cambio de mentalidade que está a impulsar a Unión Europea na actual lexislatura respecto ao sector empresarial. “Este mandato é o da competitividade. A posición central do Grupo Popular permítenos liderar a maior manobra de desregulación da historia comunitaria. Europa non pode aspirar a ter unha voz forte e autónoma no mundo se ao mesmo tempo afoga ás súas empresas baixo o peso do papeleo e a burocracia”, dixo.

O eurodeputado puxo como exemplo desta nova ambición a proposta do Réxime 28. “É a mellor proba de que a determinación volveu ao vello continente: permitirá crear unha empresa en Europa en tan só 48 horas, con capacidade para operar nos 27 Estados membro”, explicou ante os empresarios congregados en San Cibrao.

“Europa, a pesar de o que algúns poidan dicir, é un xigante económico construído sobre o traballo de empresas como as vosas. Chegou o momento de que actuemos á altura da superpotencia que somos”, concluíu.