A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reivindica o Partido Popular como “á única opción útil en Galicia” de cara ás Eleccións Xerais do 29 de novembro, xa que calquera outra alternativa posibilitará que Sánchez teña opcións de seguir gobernando. Igualmente, lembra que o BNG tampouco entra na “ecuación do cambio”, xa que agora pide responsabilidades e dimisións, pero “en oito anos non foi capaz de romper co Goberno”. Para Prado, aqueles partidos políticos que apoiaron na investidura a Sánchez -coma o BNG- “son tan culpables da situación que vive España coma é o PSOE”.
Así o manifestou a número dous dos populares galegos nunha visita a Pontevedra, na que estivo acompañada pola número dous ao Congreso pola provincia, Pepa Pardo, así como o número tres ao Congreso, Pedro Puy, e o suplente da candidata número 3 ao Senado, Guille Juncal. Tamén participou no paseo o presidente do PP local e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez. Durante o percorrido polas rúas pontevedresas, achegáronse á veciñanza e aos comerciantes para presentarlles o proxecto do PP de Alberto Núñez Feijóo como a mellor opción para o 29N, xa que ofrece “rigor, xestión, seguridade e recuperar todo aquilo que o Goberno de Sánchez e os seus socios nos arrebataron”.
“A única solución é confiar no Partido Popular, o partido que se preocupa realmente das necesidades de todos. E nós non queremos revanchas, tan só traballar para cambiar o país”, reivindica Prado, que insiste en que Galicia será o “motor do cambio” para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España.
Para a secretaria xeral do PPdeG, o Goberno de Sánchez e os seus socios, que “antepón a propaganda á xestión”, non pode continuar un minuto máis. “España está en fallo sistémico por culpa de Sánchez, preocupado só por resistir”, engade.
En canto ao independentismo galego, que goberna na cidade de Pontevedra, a secretaria xeral salientou que a “verdadeira cara” deste partido é que cando ten que elixir entre Sánchez ou Galicia, “sempre elixe Sánchez”, polo que resulta evidente que non pode estar na ecuación do cambio en España. “A mellor España merece o mellor goberno, xógase o futuro do noso país”, engade.
Ademais, puxo en valor a Alberto Núñez Feijóo e o seu proxecto de “seriedade, experiencia e xestión por encima de calquera interese”, co obxectivo de devolverlle á cidadanía a confianza no sistema.
LEMBRANZA PARA AS VÍTIMAS DA TRAXEDIA DE URDA
Con motivo desta visita a Pontevedra, a número dous dos populares galegos tivo palabras de recordo para as vítimas do accidente ferroviario de Urda e as súas familias, especialmente para os achegados de Mari Carmen Vázquez, veciña de Cerdedo Cotobade, moi vinculada á cidade, que faleceu no tráxico suceso.

