Santiago, 19 de novembro de 2019.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta “conta neste momento con máis de 3.600 vivendas de promoción pública da súa propiedade destinadas ao alugueiro, a pesar da débeda de 280 millóns de euros que o Goberno bipartito deixou nas xestures”.
De cara ao futuro, Castiñeira sinalou que no orzamentos para 2020 “destaca o incremento dos fondos destinados a vivenda de promoción pública, tanto para novas vivendas como para a obtención das mesmas a través de rehabilitación ao abeiro do programa Rexurbe”.
“O acceso á vivenda tamén se facilitará a través das axudas ao alugueiro e por medio do bono de alugueiro social, que verán incrementadas as súas partidas nun 17 e un 32 por cento, respectivamente”, apuntou.
Ademais, mantéñense as axudas a promotores públicos e privados para a construción de vivendas para alugueiro a prezo controlado, ao tempo que se manteñen as axudas a menores de 35 anos para adquisición de vivenda nova ou usada.