Santiago, 25 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira salientou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta de Galicia “é a única administración que conta cunha estratexia para eliminar os treitos de concentración de accidentes e actuar en todos os puntos negros existentes na rede viaria da súa titularidade”. Neste sentido, criticou que o BNG “presente unha moción variopinta con medidas de seguridade viaria, facendo caso omiso ás numerosas actuacións que está levando a cabo o Goberno galego”.
En concreto, Julia Rodríguez sinalou que o BNG “propón a creación dunha mesa institucional para promover un gran acordo sobre seguridade viaria, cando desde hai anos existe unha Comisión autonómica sobre tráfico e seguridade viaria, integrada por representantes da Administración Xeral do Estado, da Xunta e das administracións locais”.
DITAME DA COMISIÓN DE SEGURIDADE VIARIA
Ademais, referiuse á Comisión especial non permanente de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia constituída no Parlamento de Galicia, que neste momento xa rematou as comparecencias, coa participación de representantes de institucións e colectivos de todo tipo relacionados coa seguridade viaria, e acaba de constituírse a ponencia da que sairán as conclusións resultantes de todas as aportacións realizadas. “Polo tanto, ese é agora o marco idóneo de traballo no que facer propostas e acadar consensos”, indicou.
“Tamén propoñen establecer o termo violencia viaria para referirse á sinistralidade e piden que se declare a seguridade viaria e a loita contra a violencia viaria como prioridade da acción do goberno”, sinalou a deputada popular, quen avogou por “deixar de enredarnos nestas cuestións retóricas porque o importante é que a seguridade viaria sexa verdadeiramente a prioridade de todos e que as medidas adoptadas resulten eficaces”.
Julia Rodríguez sinalou tamén que o Goberno galego “está a elaborar un novo Plan de Seguridade Viaria 2020-2023, contando coa máxima participación social e institucional”, que se sumará a outras iniciativas xa en marcha como o Plan de Sendas de Galicia, para protexer aos usuarios máis vulnerables das estradas; ou os programas e medidas para a concienciación, sensibilización e educación