Santiago, 12 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar, antes de 2020, a dotación no Concello da Estrada de prazas públicas en residencias de maiores, suficientes para acoller a demanda presente e no inmediato futuro na comarca de Tabeirós-Terra de Montes.
A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, explicou que “para a construción de novas infraestruturas sociais a Xunta realiza un estudo previo dos equipamentos existentes na zona e das necesidades reais que se detectan”.
ZONA DISPOÑIBLE
Neste sentido, apuntou que no caso do concello de A Estrada “existen terreos municipais onde a Xunta xa está a construír unha nova escola infantil con 74 prazas e está previsto o novo centro de saúde, cun orzamento de 70.000 euros.