Santiago, 27 de xuño de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe que “a Consellería de Sanidade e o Concello de Noia están a valorar a necesidade de facer un novo centro de saúde ou reformar o existente” para mellorar a asistencia sanitaria que reciben os veciños desta localidade e da comarca.
Así mesmo, Encarna Amigo lembrou que as xerencias de xestión integrada das áreas provinciais realizan regulamente unha avaliación e mantemento continuo dos centros de saúde. Deste xeito, na actualidade está en fase de adxudicación unha nova sala de radioloxía para o centro de saúde de Noia.