Santiago, 18 de setembro de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se demanda ao Goberno central que poña en marcha, antes de que remate a anualidade orzamentaria de 2018, as compensacións previstas nos orzamentos por importe de 150 millóns de euros polos custos adicionais incorridos polas industrias electro-intensivas.
“Ademais, pedimos que para os vindeiros anos se implante un novo réxime de compensación por custos adicionais incluídos no prezo da electricidade soportados por estas industrias, de xeito que poidan competir en igualdade de condicións coas súas homólogas europeas”, sinalou a portavoz de Enerxía, Marta Nóvoa.
A proposición non de lei lembra que Rede Eléctrica de España completou o proceso de asignación do servizo de xestión da demanda de interrompibilidade a través de poxas competitivas coa asignación dun total de 25 bloques de 40 megavatios (MW) e de 320 bloques de 5 megavatios, o que se traduce nunha potencia interrompible para o período do 1 de xuño ao 31 de decembro do 2018 de 2.600 megavatios.
“Segundo os cálculos realizados por especialistas, a retribución que recibirán o conxunto das empresas electro-intensivas en España ao longo de 2018 non superará os 315 millóns de euros, o que representa un 40 por cento menos dos 525 millóns de euros que recibiron o pasado ano”, sinalou a portavoz popular.
NOVO REGULAMENTO
Marta Nóvoa lembra que o anterior Goberno central do PP contemplou nos orzamentos de 2017 un crédito de 131 millóns de euros para compensar a determinados sectores industriais dos gastos que soportan na factura eléctrica correspondente á promoción de enerxías renovables, ao tempo que elaborou un proxecto de regulamento para facer efectivas estas axudas. “Porén, a día de hoxe o Goberno español está á espera da aprobación deste regulamento por parte da Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea, sen que se teña trasladado información algunha por parte dos responsables do Ministerio de tramitación desta resolución”, manifestou.
Diante desta situación, Marta Nóvoa asegura que “a industria electro-intensiva está a solicitar medidas urxentes para poñer en marcha o mecanismo de compensación polos custos adicionais, de xeito que poidan competir en igualdade de condicións que as súas homólogas europeas