Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que “Galicia ofrece un modelo educativo consolidado que busca tanto a calidade como a equidade, con proxectos educativos innovadores e cun axeitado funcionamento na actividade lectiva e nos servizos complementarios”.
César Fernández manifestou que “un curso máis asumimos a tarefa de organizar a actividade dos centros educativos, para o que seguimos fieis á necesidade de ter en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable dos recursos”.
GARANTIDA A CALIDADE EDUCATIVA
“Entendemos garantida a calidade educativa e a axeitada atención para todo o alumnado galego, gracias a que dispomos dun cadro de persoal docente suficiente e que, en calquera caso, é axustado ás demandas reais que aparecen no arranque de curso”, engadiu.
Así mesmo, o portavoz popular salientou “o compromiso de diálogo da Consellería de Educación con toda a comunidade educativa”, ao que apuntou que “existen canles de comunicación, diálogo e participación para que a Administración e a comunidade educativa traballen a prol don ensino non universitario en Galicia”.