Neste sentido, criticou que, sendo o obxectivo da comisión determinar as consecuencias da crise económica no sistema sanitario galego, a oposición “non propoña nin un só comparecente, académico ou economista que poida avalar con datos obxectivos o que sosteñen”.
En concreto, a modificación do plan de traballo aprobada hoxe incorpora os seguintes 13 novos comparecentes: representante da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C; representantes dos sindicatos CIG-Saúde, CCOO- Saúde, UXT- Saúde, CSIF, CESM-Omega e SATSE; representante da Asociación de Hospitais de Galicia (AHOSGAL); representante da Asociación Batas Blancas; representante da plataforma SOS Sanidade Pública; o xefe do Servizo de Atención Primaria do Centro de Saúde de A Estrada; o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos; e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.