Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, cualificou de “surrealista que o grupo de En Marea traia ao debate no Parlamento a apertura da praza de abastos da Ponte cando os seus correlixionarios no Concello de Ourense levántanse do Pleno municipal cando se fala deste mesmo asunto”.
Así mesmo, Cristina Romero lembrou que “estamos a falar dunha competencia exclusivamente municipal, polo que respectamos a plena autonomía do Concello para resolver este asunto e recoñecemos o esforzo que os actuais responsables locais están a facer para por en valor esta infraestrutura”.
PLANTEXAMENTO ERRÓNEO
“O máis importante é, tal e como o piden os propios comerciantes e veciños de A Ponte, que a solución sexa levar adiante un proxecto viable que non fracase aos poucos meses de abrir”, subliñou a portavoz popular.
Romero lembrou que “a causa principal para explicar a situación na que se atopa esta praza de abastos é o plantexamento erróneo que o proxecto ten desde o inicio”, e mostra disto son os dous concursos que quedaron desertos. “O proxecto inicial polo que se rehabilitou este edificio non é un proxecto viable”, apuntou.