Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou este primeiro ano da X lexislatura como “frutífero en todos os sentidos”, aínda que recoñeceu que “queda moito por facer e continuaremos traballando para mellorar a situación xeral, especialmente daqueles que quedaron máis excluídos do mercado laboral como consecuencia da crise económica”.
Pedro Puy salientou que “a situación é significativamente mellor que hai un ano en todos os parámetros, tanto de emprego, como da marcha da economía, as exportacións ou na xestión directa da ampliación de bens públicos en sanidade, a dependencia ou as escolas infantís”.
Así mesmo, considerou “un ano perdido” para os grupos da oposición, xa que “estamos exactamente igual que ao inicio da lexislatura: sen que teñan establecidos os liderados, como é habitual nun momento postelectoral cando os resultados non acompañan”.