Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento de frecuencias e horarios do eixo atlántico ferroviario A Coruña-Vigo, atendendo as demandas e as necesidades dos cidadáns.
O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, salientou que “o eixo atlántico ten experimentado desde a súa posta en marcha en 2015 un importante incremento de usuarios, que avala a boa acollida que ten o servizo por parte dos cidadáns”.
SERVIZOS ACEPTABLES
“Porén, e a pesar de que se trata dunha competencia estatal, desde o Goberno galego seguirase a traballar para que se ofreza o mellor servizo aos cidadáns, solicitando a Renfe que se continúe coa mellora dos servizos ao ritmo que as demandas e as necesidades dos cidadáns o requiran”, engadiu.
Neste sentido, lembrou que o Goberno central aprobou o pasado 1 de setembro o incremento 20 por cento de prazas de venres a domingo para reforzar os movementos de estudantes
Martín Fernández explicou que na actualidade existen 29 servizos ao día entre A Coruña e Santiago, así como entre 18 e 20 de Vigo a Santiago, “unha cifra que podemos considerar aceptable pero que se pode mellorar coa adecuación de horarios deses trens ou nas frecuencias”.