Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que reduza o imposto sobre o valor engadido (IVE) para produtos pesqueiros e marisqueiros do 10 ao 4 por cento.
O portavoz do Mar, Carlos López Crespo, cualificou a proposta debatida hoxe na Comisión de Pesca de “sensata e oportuna”, xa que “estase apreciando un descenso no consumo de peixe, marisco e conservas”.
Neste sentido, López Crespo manifestou “a preocupación tanto do Goberno galego como do PPdeG por esta circunstancia derivada dos cambios nos hábitos alimentarios da sociedade galega”, ante a que a Consellería do Mar xa iniciou actividades de divulgación tanto no eido educativo, para crear o hábito de consumo de peixe, como entre os profesionais da hostalería, para dar a coñecer a importancia do peixe e marisco galegos para animar ao seu consumo.