Santiago, 17 de novembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta mañá, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central para que modifique o artigo 124.2 do Regulamento Dominio Público Hidráulico, de xeito que se siga permitindo a existencia das comunidades de usuarios da auga.
Así mesmo, demándase que a Xunta impulse a constitución dun grupo de traballo coa Fegamp, as comunidades de usuarios e representantes dos organismos con competencia territorial en Galicia para o estudio da problemática asociada as traídas veciñais en relación coas competencias municipais e a coexistencia dos modelos de abastecemento municipal e veciñal.
O deputado popular Moisés Rodríguez salientou “a importancia das comunidades de usuarios da auga son de grande importancia en Galicia, xa que unha parte importante da poboación galega se autoabastece ben a través delas ou ben de pozos particulares”. En concreto, estimou en arredor de 650.000 usuarios de auga os que se abastecen na Comunidade galega a través destas comunidades de usuarios.
RENOVAR AS CONCESIÓNS
Moisés Rodríguez sinalou que “estas comunidades de usuarios estanse encontrando con dificultades para renovar as súas concesións en determinados supostos cando existe abastecemento desde instalacións municipais debido á regulación establecida na normativa estatal de augas”.
“Os concellos teñen a responsabilidade de asegurar que a auga subministrada a través de calquera rede de distribución, cisterna ou depósito móbil, no seu ámbito territorial, sexa apta para o consumo no punto de entrega ao consumidor”, lembrou o deputado popular.
Porén, indicou que os concellos galegos “mostran a súa preocupación por concretar aspectos relacionados co ámbito das comunidades de usuarios respecto da normativa de augas, en especial cos conflitos que poden derivar da competencia municipal de control de calidade das augas para subministro e por atopar o xeito adecuado de cumprir coas súas responsabilidades”.
VONTADE COMÚN
Moisés Rodríguez avogou porque “exista unha vontade común de cara a fomentar a colaboración entre a administración da auga, as administracións locais e os administrados para avanzar na consecución dos obxectivos ambientais que nos son comúns e na mellora da eficiencia e eficacia da prestación dos servizos esenciais que compartimos”.
“Para isto debemos traballar para conseguir acordos que faciliten a continuidade das comunidades de usuarios e a convivencia de modelos de abastecemento diversos, sempre que haxa cumprimento da legalidade e unha xestión respectuosa coa asunción de responsabilidades por todas as administracións que permita garantir a sostibilidade