Santiago, 28 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”, como se demostrou en Galicia nos últimos meses coa celebración dunhas eleccións para a renovación do Parlamento galego e do propio Goberno galego. Respecto da actividade na Cámara galega, salientou que nos tres meses deste primeiro período de sesións da XI lexislatura “xa temos aprobado tres textos lexislativos e outros oito están en tramitación”, ao tempo que se concede á oposición un protagonismo no debate parlamentario, xa que formula máis do 86 por cento das iniciativas de control ou impulso ao Goberno galego nas sesións plenarias.
Acompañado dos viceportavoces do Grupo Popular Miguel Tellado, Elena Candia e Paula Prado, Pedro Puy fixo un balance deste primeiro período de sesións da lexislatura. Así, salientou que “a noticia máis significativa foi a normalidade democrática que conseguimos manter durante toda a pandemia”.
?Comeza Pedro Puy o balance do período de sesións no @Par_Gal recordando o exemplaridade democrática do Goberno en funcións da @Xunta que deu resposta a pandemia con anticipación, responsabilidade e decisión e o fixo dando conta a Cámara a pesar de estar disolta @ppdegalicia pic.twitter.com/EwILFwMQm6
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 28, 2020
RESPOSTA Á PANDEMIA
Neste sentido, lembrou que o Presidente da Xunta decidiu adiantar as eleccións galegas ao mes de marzo, pero pola extensión da pandemia sanitaria e a declaración do Estado de Alarma, tiveron que ser pospostas ao mes de xullo. Neste tempo, Puy destacou que o Goberno galego en funcións “deu resposta á pandemia con exemplaridade democrática, dando conta ao Parlamento a través da Deputación Permanente e actuando con anticipación, responsabilidade e decisión fronte ás esixencias da Covid-19”.
“Esta normalidade democrática mantivémola no que vai de lexislatura, mantendo as páxinas de transparencia administrativa, na constitución e posta en marcha do Parlamento, chegando a acordos en cuestións relativas ao funcionamento da Cámara, procedemos á reforma do regulamento para garantir a continuidade do traballo parlamentario ou fixemos unha renovación dos órganos institucionais, como o Consello de Contas ou Consello Consultivo”, apuntou.
?️En Galicia houbo absoluta normalidade democrática, tanto no desenvolvemento das eleccións, na constitución da Cámara , no debate de investidura ou no acordo para a posta en marcha do @Par_Gal , comparado co que está a ocorrer noutras cámaras, di Pedro Puy @ppdegalicia pic.twitter.com/WqZdsntxtE
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 28, 2020
O portavoz popular contrapuxo “esta normalidade do Parlamento galego nun momento no que salienta o nivel de crispación existente nas Cortes Españolas, no que os orzamentos se tramitan sen practicamente debate ou con trámites reducidos, ou a distribución dos fondos europeos se realiza desde o propio gabinete do Presidente do Goberno”.
Sobre o traballo no Parlamento galego, Pedro Puy indicou que, a pesar de terse reducido o número de grupos parlamentarios, “non se ten reducido o traballo, xa que practicamente se igualan os tempos de reunións cos da lexislatura pasada”.
En concreto, salientou que se aprobaron tres textos legais e están en trámite outros oito, propostos ben polo Goberno galego ou polo Grupo Popular. Neste sentido, avanzou que o Grupo Popular “presentará en breve unha nova proposición de lei: a de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia”.
?Traballo parlamentario intenso no período de sesións que finaliza no @Par_Gal, ademais da reforma do Regulamento,2 leis xa aprobadas, outros 6 proxectos de lei que superaron o primeiro trámite e 2 proposicións de lei do @ppdegalicia sobre aspectos relacionados coa pandemia pic.twitter.com/fFImncP54g
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) December 28, 2020
ACTIVIDADE EN PLENO E COMISIÓNS
Dentro do actividade desenvolvida en Pleno neste primeiro período de sesións, o portavoz popular explicou que “levamos debatido 58 proposicións non de lei ou mocións, así como realizado 107 iniciativas de control ao Goberno galego, entre comparecencias, preguntas ou interpelacións”. Puy salientou que o 73,9 das iniciativas debatidas en Pleno foron a proposta da oposición, o que demostra que “seguen a ter un protagonismo nos debates da Cámara”.
Así mesmo, engadiu que neste período se aprobaron 28 proposicións non de lei en Pleno, das que máis da metade (15) eran dos grupos da oposición, a mesma cifra que as que se aprobaron co apoio unánime de todos os grupos parlamentarios.
Respecto da actividade en comisión, Pedro Puy manifestou que se teñen aprobado 60 proposicións non de lei, das que 23 (48,3%) foron a iniciativa da oposición e 34 (56,7%) por unanimidade. No apartado de control ao Goberno galego, realizáronse 35 comparecencias e respondeu 130 preguntas, das que máis do 65 por cento foron realizadas polos grupos da oposición.
“En resumo, levamos 1,8 comparecencias de membros do Goberno galego en cada comisión, ao tempo que, sumando plenos e comisións, os membros do Goberno galego teñen comparecido unha media de 1,9 veces cada día no que levamos desta lexislatura”, engadiu.
Para rematar, Puy referiuse á actividade en redes sociais do Grupo Popular desde o mes de agosto. Así, as contas de twitter e Facebook tiveron neste tempo 812.300 visualizacións, ao tempo que se realizaron 1.090 novas publicacións referidas á actividade dos deputados do Grupo Popular.