Sinala que o custe desorbitado da factura é empregado para seguir financiando a actividade do Goberno do PSOE e de Podemos
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Pedro Sánchez non baixa o prezo da factura eléctrica polo seu afán recadatorio: “O que pretende é financiar a actividade do Goberno de España”.
Así se expresaba trala na sesión constitutiva da Comisión de Economía, Emprego e Industria do PPdeG, que conta con diferentes expertos na materia, responsables da Xunta, alcaldes, deputados e senadores, e que ten como obxectivo articular o discurso e a acción política do partido sobre os grandes retos económicos e laborais aos que se enfronta Galicia.
Precisamente esta primeira xuntanza centrouse no custe abusivo e desorbitado da factura da luz, que leva semanas batendo todos os récords históricos. “O prezo da electricidade se dispara e o Goberno non fai nada”, dixo o número dous dos populares galegos, sinalando a responsabilidade do PSOE e de Podemos.
Nese senso, engadiu que o problema non é que o Executivo central non logre baixar o prezo senón que non lle interesa facelo, pois ingresará este ano preto de 3.000 millóns de euros máis grazas a esta suba, un aumento do 40%.
Por todo isto, pediu ao Goberno que actúe para retirar da factura da electricidade aquelas cuestións que poden estar financiadas a través dos Impostos Xerais do Estado e demandou que a transición ecolóxica que pretende levar a cabo non saia do peto das familias españolas, algo que tamén afecta aos autónomos e pequenos comerciantes.