Santiago, 16 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos demandou hoxe no Parlamento galego que o Concello de Pontevedra “cumpra as súas obrigas e repoña o persoal que atende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, de xeito que a persoa que actualmente ten destinada a este servizo a Xunta poida volver ao seu posto na Unidade de Prevención do Suicidio”.
Alberto Pazos criticou que o BNG “veña hoxe ao Parlamento galego demandando solucións ao problema de falta de persoal na Unidade de Prevención ao Suicidio de Pontevedra, cando a orixe desta cuestión está no incumprimento das obrigas asumidas polo Concello no convenio asinado coa Xunta para o financiamento da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes”.
400.000 EUROS ANUAIS DA XUNTA
En concreto, o deputado popular salientou que a Xunta “cumpre cada ano achega case 400.000 euros para financiar a Unidade de Drogodependentes, pero lamentablemente o Concello de Pontevedra non cumpre a súa parte e non repón o persoal deste servizo logo de que dos dous psiquiatras que o atendían un estea de baixa e outro se xubilara”.
“Deste xeito, a Xunta viuse na obriga de trasladar ao psiquiatra que prestaba os seus servizos na Unidade de Prevención do Suicidio á Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, estando á espera de que o Concello de Pontevedra repoña o seu