O PPdeG constitúe a Comisión de Pequenos concellos para escoitar con máis intensidade a aqueles que fan política en municipios rurais
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirma que é fundamental escoitar aos pequenos concellos para poder trasladar ao Goberno central a necesidade de financiar os servizos en función do coste real da prestacións de servizos, así como da dispersión poboacional nunha Galicia que ten a metade de núcleos de poboación de España.
Así se expresaba hoxe na constitución da Comisión de pequenos concellos do PPdeG, presidida pola alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, que nace coa vocación de escoitar en primeira persoa as necesidades reais dos municipios da Galicia menos poboada. “Será o nexo entre o partido e os nosos alcaldes nestes municipios”, dixo. Ademais, tamén recoñeceu que esta xorde nun momento moi axeitado, pois o Goberno central quere negociar coas Autonomías o novo modelo de financiación autonómica, no que se deben ter en conta variables determinantes para Galicia.
O secretario xeral manifestou que unha das grandes prioridades do Executivo galego e un punto transversal do programa político dos populares é garantir a igualdade de oportunidades para calquera persoa, resida onde resida, posibilitando o acceso aos mesmos servicios e permitindo que gocen dos mesmos dereitos.
Tellado incidiu en que a Galicia rural é moi real, e lembra que o PPdeG ten traballado pola melloras das comunicacións viarias, na procura de mellores servizos neses concellos e pola implantación de actividade económica que permita vivir do rural e no rural. A vocación do PPdeG é dar voz a todas estas persoas e ter en conta as súas necesidades para configurar o noso programa político.
Ademais, reivindicou a labor dos alcaldes e voceiros que fan política nos pequenos concellos, xente que traballa ao pé do territorio. Fronte aos partidos que se instalan na demagoxia, “gobernamos na maioría dos pequenos concellos de Galicia, e por algo será”, rematou.