Santiago, 8 de marzo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez contrapuxo hoxe a oposición do BNG no Parlamento galego ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp para a instalación de caixeiros automáticos nos concellos galegos que non contan con oficina bancaria e para ofertar un servizo de asistencia financeira aos seus veciños, “cando os seus alcaldes asinan este acordo e recoñecen que lles da un servizo bancario e financeiro sen custe para os seus concellos”.
“Os alcaldes do PPdeG, do PSdeG e do BNG están interesados neste acordo entre a Xunta e a Fegamp porque están preocupados polos seus veciños e queren darlle un servizo financeiro do que carecen na actualidade”, manifestou a deputada popular.
Por outra parte, Sandra Vázquez demandou ao Goberno central “a modificación da regulación do sector financeiro porque é unha reclamación que levamos manifestado en numerosas ocasións”.