Santiago, 13 de abril de 2022- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha iniciativa referida ao impulso do plan estratéxico do sector agrario na comarca da Limia así como a demanda ao Goberno de España da axilización das autorizacións para a construción dos pozos de sondaxe, financiamento para a modernización do regadío, limpeza das canles e camiños, así como adicar fondos europeos Nex Generation para solucionar a problemática da xestión dos xurros nas explotacións gandeira na comarca.
O deputado popular José Antonio Armada defendeu a aposta pola sustentabilidade da actividade agropecuaria nesta bisbarra ourensá e o apoio as actuacións que desenvolvan e potencian o sector agrario, garantinto e respectando os requisitos medioambientais.
Deste xeito, na iniciativa popular, se solicita o impulso ao Plan estratéxico do sector agrario na comarca, posto en marcha pola Consellería do medio Rural, co fin de alcanzar un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos e reducir a concentración de nutrientes nas augas.
Así mesmo, demandanse obras de modernización do Regadío da Limia, solicitando ao Goberno de España que axilice a tramitación das autorizacións solicitadas á Confederación Hidrográfica Miño sil para levar a cabo as obras consistentes na construción dos pozos de sondaxe e o inicio inmediato das obras comprometidas de limpeza das canles e camiños secundarios como mecanismo para mellorar o funcionamento e eficiencia do regadío da Limia por importe total de 16 millóns de euros.
José Antonio armada recordou que a comarca da Limia conta cunha forte especialización produtiva centrada no sector primario, que achega ao 29,59% do PIB da comarca e na actualidade é un dos territorios con maior produción agrícola de Galicia, tanto en produtos hortícolas, como de pataca, cereal e millo, e destacou a forte implantación da gandería intensiva de porcino, aves e de vacún, que xera un impacto medioambiental importante no territorio sobre o que cómpre actuar.
Nese sentido, na iniciativa popular tamén se demanda ao Goberno de España que asuma a necesidade de dedicar fondos europeos Next Generation en contía suficiente para solucionar a problemática da xestión dos xurros dun xeito integral para todas as explotacións gandeiras e sen poñer en perigo a súa viabilidade económica nin impedir o uso dos xurros como un fertilizante para as súas terras, dentro dos límites que marque a normativa vixente na materia. E, de xeito particular que en Galicia se apoie con eses fondos Next Generation a posta en marcha do proxecto do Centro de impulso a economía circular que promove a Xunta de Galicia.