Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta de Galicia a aprobar a relación de postos de traballo de Portos de Galicia, un documento que xa se vén debatendo e negociando cos representantes dos traballadores desde abril do pasado ano.
O deputado popular Manuel Santos explicou que “o primeiro texto íntegro da relación de postos de traballo é coñecido por todo o persoal e ademais a día de hoxe está en vigor un novo organigrama que incorpora ao cadro de persoal 10 efectivos, dos que actualmente se está tramitando a súa dotación”.
NOVO ORGANIGRAMA
Santos lamentou que este documento “está a ser analizado, debatido e negociado entre a empresa e o Comité de Empresa, pero polo momento non se puido obter un consenso para a súa aprobación definitiva”.
Namentres, o deputado popular lembrou que Portos de Galicia dispón dun novo organigrama que segue supoñendo un incremento de efectivos. En concreto, dixo que este novo organigrama crea 10 postos de traballo novos, entre eles, tres xefes de gardapeiraos e un gardapeiraos.