Santiago, 8 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia insistiu hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade, na demanda ao Goberno de España para que rectifique e inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa unha nova subestación no polígono de Balaídos, que permita atender as necesidades de subministración da industria, sobre todo da factoría de Stellantis.
?Voltamos a esixir a acción do Goberno de @sanchezcastejon que mira cara outro lado, e non responde as peticións de Stellantis
?️@temtem23 defendeu no @Par_Gal a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e a construción dunha nova subestación en Balaídos
?@PPdeVigo ? pic.twitter.com/VsCqC6xo4v
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 8, 2022
Así mesmo, pídese ao Goberno central o reforzo dos nodos de transporte máis próximos aos proxectos de xeración renovable, para minimizar o impacto de novas liñas eléctricas de evacuación e garantir a competitividade da industria de Galicia.
A deputada popular Teresa Egerique lembrou que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de Mariano Rajoy incluíu na planificación 2015-2020 a conexión a 220 kilovoltios, “recoñecendo os prexuízos que causan no proceso produtivo perturbacións de curta duración transmitidas pola rede de distribución e que a conexión a esta rede de transporte ofrece solucións eficaces”.
“Non é entendible que, sen haber cambiado as circunstancias que en 2015 motivaron a inclusión da proposta naquela planificación, agora, a mesma actuación e cos mesmos precedentes, quedara excluída da nova planificación 2021-2026”, sinalou.
Egerique manifestou que “existe a necesidade de avanzar na redución do impacto dos ocos de tensión na actividade produtiva da factoría de Stellantis, eficiente, moderna e altamente tecnificada, con forte presenza de sistema de control electrónicos, autómatas programables e con procesos contínuos de robotización”.
EXISTEN FONDOS EUROPEOS
Así mesmo, a deputada popular explicou que “neste momento, malia que non sexa a través do PERTE, o Goberno de Pedro Sánchez dispón de fondos europeos máis que suficientes para facer realidade a electrificación total de Balaídos, porque deixar sen esa conexión é restarlle competitividade á industria da comarca viguesa”.
“É importante que proxectos tractores para a industria da automoción galega conten cos apoios necesarios a través dos fondos europeos, como as novas plataformas do vehículo eléctrico para Stellantis en Vigo ou a planta de grafitos de Showa Denko en A Coruña para a fabricación de baterías eléctricas, así como o circuíto de probas proxectado polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia”, sinalou.