Skip to content

O PPdeG urxe ao Goberno central a asumir o que lle piden as Comunidades e solucionar o déficit de especialistas de medicina de familia

A secretaria xeral, Paula Prado, reuniuse con representantes dos populares galegos nas Cortes Xerais e no Parlamento Europeo

O PPdeG urxe ao Goberno central a escoitar o que reclaman as Comunidades e solucionar o déficit de especialistas de medicina de familia. Así o manifestaba a deputada nacional e portavoz adxunta do GPP no Congreso, Marta González, antes dunha xuntanza de coordinación na que participaron representantes dos populares galegos nas Cortes Xerais, o eurodeputado, Francisco Millán Mon, e a secretaria xeral, Paula Prado.

 

En declaracións aos medios de comunicación, González destacou dúas das propostas de resolución impulsadas polo PP e aprobadas no pasado Debate sobre o Estado da Nación, concretamente as relacionadas coa Sanidade e co transporte público: “Son un verdadeiro éxito do noso Grupo Parlamentario que, estando en minoría, conseguiu os votos necesarios para ser atendidas polo Goberno central”.

 

En materia sanitaria, lembrou que se referendaron as petición realizadas no marco do manifesto impulsado desde Galicia e o País Vasco, e que foi apoiado por outras cinco Comunidades —que representan entre todas o 67% da poboación española—: “O Obxectivo é que o Ministerio de Sanidade teña que asumir o que lle piden as Comunidades nun tema tan fundamental como este. Trátase de atender a saúde de todos os galegos e as galegas”.

 

Cómpre sinalar que a proposta recollía seis medidas —garantir que o sistema de elección de prazas MIR non deixe prazas desertas,  a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias con tramitación preferente, a reforma da formación especializada en Medicina de Familia, unha convocatoria extraordinaria de prazas MIR para Primaria, un rexistro estatal de profesionais sanitarios e facilitar o desenvolvemento de competencias do médico de Atención Primaria— que foron apoiadas por sete gobernos autonómicos e agora tamén contan co apoio dunha decena de grupos parlamentarios.

 

RESPONDER ÁS NECESIDADES DE GALICIA

Como resaltou Marta González, outra das propostas de resolución aprobadas foi á relativa ao mapa de concesións estatal de autobús: “Entendemos que non está axeitado á realidade galega e non responde ás necesidades de territorios con problema de despoboamento como é o noso”.

 

Ante esta situación, apuntou que os populares buscan que se desbote esta proposta e se faga unha que si se adecúe ao que necesita Galicia, explicando que nunha Comunidade como a  nosa, que non está axeitadamente estruturada dende o punto de vista ferroviario, é preciso o bo funcionamento do servizo de transporte por autobús.

 

Pola súa parte, Paula Prado afirmou que agarda que o presidente do Executivo central faga caso a estas propostas, lamentando que a semana pasada “asistimos ao Debate sobre o Estado da Nación de Sánchez, que non atende aos problemas reais da cidadanía”. “A Sanidade e o transporte son unha prioridade e seguiremos reivindicando que o Goberno central atenda a Galicia e non se esqueza dela”, sentenciou.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies