3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo criticou hoxe no Parlamento galego que o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, “pida máis recursos para as entidades locais cando é incapaz de executar o orzamento desta institución, este ano non chega ao 30 por cento, e conta con máis de 221 millóns de euros de remanente nas entidades bancarias”.
Rubén Lorenzo puxo de manifestou que o presidente da Deputación coruñesa “veña ao Parlamento galego a explicar os orzamentos da institución que goberna sen que os deputados provinciais do PPdeG tivesen oportunidade de participar na súa elaboración nin teñen visos das liñas xerais destas contas”.
“Pide máis fondos para as entidades locais, pero quen primeiro terá que actuar neste eido é a Administración estatal, aprobando unha nova Lei de financiamento autonómico que contemple os recursos necesarios para as entidades locais”, indicou o deputado popular.
INCREMENTO DE PARTIDAS SOCIAIS E PARA VÍAS E OBRAS
Así mesmo, cuestionou “para que pide máis recursos?, cando o remanente que a Deputación de A Coruña ten nos bancos pasou de 189 millóns a 221,5 millóns de euros no último ano”. “Como é posible que se execute pouco máis do 40 por cento do orzamento da Deputación que preside e, sendo alcalde como é, teña abandonados aos concellos máis pequenos, cando ten máis de 220 millóns de euros no banco?”, preguntou Rubén Lorenzo.
Diante desta situación, o deputado popular insistiu na necesidade de que a Deputación coruñesa incremente as partidas sociais, o crédito destinado a vías e obras ou mellorar nos municipios de menos de 20.000 habitantes os sistemas de abastecemento e saneamento. “Todo iso co obxectivo de dinamizar a actividade económica provincial e loitar contra a desigualdade social, cousa que desde o goberno provincial non están a facer”, sinalou.
“Escoite aos deputados do PPdeG que pleno tras pleno realizan continuos rogos para que mellore o estado das vías provinciais, que poñen en risco á poboación polo seu mal estado de conservación e mantemento”, demandou Rubén Lorenzo.