A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que a modificación do Código Penal para rebaixar a pena do delito de sedición é “unha das peaxes que o Goberno de España ten que pagar aos independentistas cataláns a cambio dos seus favores para que Pedro Sánchez poida seguir na Moncloa”
Denuncia que este cambio supón “unha vulneración da Constitución” e neste sentido engade: “Non podemos consentir que Pedro Sánchez siga poñendo os seus intereses e os intereses dos independentistas cataláns por riba das institucións e incluso da propia Carta Magna”
“Mentres Galicia necesita un Goberno de España que atenda as nosas necesidades e nos poña na súa axenda, atopámonos novamente con que na súa axenda e nos seus Presupostos só está contemplado cumprir os desexos e imposicións dos independentistas cataláns a cambio de seguir manténdose na Moncloa”, engade
Prado volve a demandar, en referencia aos ministros que “veñen a estar en Galicia pero non con Galicia”, que “deixen de facer publicidade e vender fume e inclúan á Comunidade realmente na súa axenda de prioridades”
“O Goberno de Sánchez ven a Galicia só a dicir non: non á transferirnos as competencias do dominio público marítimo-terrestre, non a máis financiación para política social, non a tomar decisións que melloren a nosa sanidade e non axilizar os fondos europeos para proxectos fundamentais que crearían preto de 10.000 postos de traballo na nosa Comunidade”, afirma