Skip to content

Paula Prado destaca a renovación do 75% nas listas do PPdeG ao Congreso e o Senado: “Somos un partido grande e con capacidade de renovar equipos”

16 de xuño de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, destacou hoxe a renovación do 75% nas listas que a formación presenta ao Congreso e o Senado, nas que 3 de cada 4 membros están por primeira vez. “Somos un partido grande e temos a capacidade de renovar os equipos”, engadiu.

Na súa comparecencia ante os medios estivo acompañada polo vicesecretario de Organización do PP e cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado; así como do resto de cabezas de lista do PPdeG ás Cortes Xerais: Francisco Conde, Ana Pastor, Ana Vázquez, Rosa Gallego, José Manuel Barreiro, Pepa Pardo e Carmen Leyte.

“No PPdeG tomámonos ao pé da letra o de elixir os números 1 para o Congreso e o Senado, porque as listas para as eleccións xerais do 23 de xullo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra están encabezadas por oito auténticos números 1”, afirmou.

Neste sentido puxo en valor a súa experiencia, traxectoria, sentidiño e capacidade de xestión, así como o seu compromiso con Galicia e a súa responsabilidade por asumir o reto de representar á Comunidade nas Cortes Xerais. Amosándose convencida ademais de que o equipo liderado por Alberto Núñez Feijóo “gaña moito con estes oitos cabezas de lista”.

Paula Prado quixo referirse nomeadamente a Rosa Quintana, á que definiu como “a persoa que mellor coñece o sector do mar en toda España”; a Pedro Puy, “o mellor portavoz do Parlamento de Galicia”; e a “dous grandes referentes” no Congreso como Marta González e Jaime de Olano.

“Presentamos unhas candidaturas ao Congreso e o Senado das que estamos moi orgullosos, con grandes doses de experiencia pero cunha ampla renovación”, concluíu ao respecto.

 

“IMOS CONTINUAR OFRECENDO SENTIDIÑO A GALICIA”

A secretaria xeral do PPdeG fixo referencia aos cambios que se fixeron na Xunta de Galicia tras a elaboración destas candidaturas, destacando que se realizaron “do mellor xeito e ofrecendo a maior estabilidade”.

“O presidente Alfonso Rueda volveu demostrar unha gran capacidade de resposta, collendo co pé cambiado á oposición, que ao igual que hai un ano, esperaba unha revolución que en ningún caso tivo lugar”, explicou.

Paula Prado aproveitou para desexar “a mellor das sortes” a Elena Rivo, Alfonso Villares, Diego Calvo, Ángeles Vázquez e María Jesús Lorenzana nas súas novas responsabilidades e reivindicou que, baixo o liderado do presidente Alfonso Rueda, o Goberno galego, continuará ofrecendo sentidiño a Galicia.

Agradeceu tamén o “xesto de xenerosidade” de Manuel Baltar, que durante máis dunha década exerceu “un labor fundamental para a provincia de Ourense”.

 

UN BO NÚMERO DE ALCALDES E ALCALDESAS DO PPdeG

A número dous dos populares galegos felicitou a todos os candidatos e candidatas do PPdeG que a partir de mañá se converterán en alcaldes e alcaldesas: “Poderían ser máis se os partidos de esquerda deixaran de facer pactos de perdedores para evitar que gobernen os gañadores”.

Cualificando de “goberno de esperpento con 8 concelleiros de 25” o de Santiago de Compostela, Paula Prado referiuse tamén á situación na cidade de Ourense. Afeou neste sentido a PSOE e BNG que poñan “un cordón sanitario” ao PP en vez de “cumprir os seus compromisos de campaña”.

Reiterou a proposta feita por parte de Manuel Cabezas, lamentando que socialistas e nacionalistas “nin se dignan a responder” á mesma. “Nós seguimos dispostos a negociar para que un goberno alternativo lidere a partir de mañá a cidade de Ourense”, remarcou.

 

MIGUEL TELLADO: “QUEREMOS UN PRESIDENTE DO GOBERNO DE ESPAÑA Á ALTURA DE GALICIA”

Pola súa banda, o vicesecretario nacional e candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado, falou en nome dos oito cabezas de lista para agradecer a confianza depositada neles polos presidentes Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda e remarcar o seu orgullo por “representar a Galicia e ás catro provincias nas Cortes Xerais” e “traballar todos xuntos no equipo que conformará o próximo presidente do Goberno de España”.

Tellado sinalou que é necesario ter na Moncloa un presidente que, a diferencia de Pedro Sánchez, “se preocupe por Galicia, que non trate aos galegos como cidadáns de segunda e que volva dar á Comunidade os investimentos e os recursos que lle corresponden”. Engadindo ao respecto que “ninguén mellor” que Alberto Núñez Feijóo para defender os intereses de Galicia desde o Goberno de España como fixo durante 14 anos desde a Xunta.

“Os galegos coñecen máis e mellor a Alberto Núñez Feijóo, a súa capacidade de traballo, os seus valores, os seus principios, o seu compromiso coa verdade e a coherencia, a súa vocación de servicio público e a súa lealdade con Galicia”, afirmou definindo estas calidades como “a carta de presentación” do presidente nacional do PP ao tempo que o reivindicaba como “un dos maiores embaixadores que tivo nunca Galicia en toda España”.

O vicesecretario popular remarcou a importancia de que Feijóo sexa presidente do Goberno de España “para que o AVE chegue dunha vez a todas as cidades galegas, para deixar de ter abandonadas as infraestruturas de Galicia e para recibir os recursos que corresponden á nosa Comunidade tanto dos fondos europeos como dos Orzamentos Xerais do Estado”.

“Queremos un presidente do Goberno á altura do pobo galego. E, como os galegos somos un pobo xeneroso, queremos darlle a España desde Galicia o presidente que nestes momentos precisa”, concluíu.

Noticias recomendadas

O Parlamento demanda ao Ministerio de Transición Ecolóxica que rectifique a súa decisión de incluír ao lobo no listado de especies con protección especial e no catálogo de especies ameazadas
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG, a través da que se demanda ao Ministerio
O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que flexibilice canto antes os requisitos de benestar animal relativos ao deseño das explotacións recollidos no Real-Decreto 1053/2022
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non foi apoiada polo BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España,
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies