O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, continúa o seu percorrido por Galicia xunto ao autobús de ‘Galicia non para!’ co obxectivo de manter un contacto máis directo cos galegos e galegas e, nesta ocasión, coa veciñanza do concello de Portomarín.
Tras o éxito colleitado na estrea desta iniciativa o pasado fin de semana Bandeira (Silleda), esta tarde o autocar dos populares galegos trasladouse ata este pequeno municipio do interior da provincia de Lugo. Un punto estratéxico do Camiño de Santiago e cuxa veciñanza representa tan ben a hospitalidade e a apertura do pobo galego.
Así o constatou en primeira persoa o presidente do PPdeG coa multitude de veciños que se acercaron ao autobús de ‘Galicia non para!’, ubicado na céntrica Praza do Camiño, para trasladarlle as súas impresións, suxestións e inquedanzas mediante unha amena conversa directa e sen intermediarios.
Niso precisamente consiste esta acción posta en marcha polos populares galegos co obxectivo de estar a pé de rúa e seguir afondando no coñecemento real dos problemas e das necesidades dos galegos e as galegas.
Algo para o que tamén se puxo en marcha a páxina web rueda.gal; a través da cal todo aquel que o desexe poderá trasladarlle ao presidente Alfonso Rueda todo aquelo que lle preocupa, que vai ben e o que é posible mellorar.
Deste xeito, aquelas persoas que non poidan achegarse de xeito presencial aos lugares onde estea instalado o autobús de ‘Galicia non para!’, poderán facer chegar as súas suxestións a través da web (á que se pode acceder tamén a través dun código QR impreso nos posavasos que se reparten no autocar).
Ao longo dos vindeiros días e semanas, o autocar máis famoso de Galicia continuará a súa viaxe por diversos concellos das catro provincias galegas.