O eurodeputado do Partido Popular Francisco Millán Mon foi elixido por aclamación no día de hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en Bruxelas como Vicepresidente Primeiro da mesma.
Francisco Millán Mon agradeceu a súa elección destacando que “para un eurodeputado español é motivo de especial satisfacción, pois coñezo moi ben a importancia que teñen o sector pesqueiro e toda a cadea mar-industria en España e en particular na miña terra, Galicia, primeira rexión pesqueira de Europa”.
O eurodeputado galego agradeceu tamén ao seu grupo político, o Partido Popular Europeo, que o propuxese como candidato e ao resto de grupos políticos o seu apoio.