Skip to content

O presidente Rueda recibe en Bertamiráns o agradecemento da veciñanza polo apoio do Goberno galego ás familias

O autobús de ‘Galicia non para!’ levou esta mañá ao presidente Alfonso Rueda a sumar un novo destino na súa ruta pola Comunidade e o lugar escollido nesta ocasión foi Bertamiráns, no concello de Ames, onde o líder dos populares galegos tivo a oportunidade de recibir o agradecemento da veciñanza polas medidas que está a tomar o Goberno galego a prol das familias.

O presidente puido constatar en primeira persoa, da man de pais e avós cos que mantivo unha animada conversa na praza da Mahía, a boa acollida que están a ter entre os galegos medidas como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos ou as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar. Ademais, tamén houbo interese polo Bono Deporte que estará dispoñible a partir do próximo ano.

O balance da xornada, aínda que chuviosa, foi moi positivo na medida en que, do mesmo xeito que o presidente do PPdeG comprobou a eficacia destas e outras actuacións por parte do Goberno galego, tamén puido tomar nota de cales son os temas que preocupan neste concello.

Entre esas cuestións, os veciños solicitáronlle impulsar un centro comercial aberto para fomentar as vendas e garantir a estabilidade do sector.

E como vén sendo habitual dun tempo a esta parte, Alfonso Rueda constatou unha vez máis a indignación que está a producir entre os galegos a situación política nacional e as negociacións para a investidura de Pedro Sánchez. Por iso quixo tranquilizar aos veciños dos diferentes puntos do concello de Ames que se achegaron a Bertamiráns asegurándolles que, do que el dependa, Galicia seguirá sendo unha “illa de estabilidade” dentro de España.

O líder dos populares galegos asistirá mañá na cidade de Pontevedra á concentración pola igualdade de todos os españois que terá lugar ás 12 do mediodía.

ALFONSO RUEDA SEGUE EN RUTA

Tras os exitosos encontros que previamente mantivera coa veciñanza de Bandeira, Portomarín, Porto do Son, Bande, Cuntis, Malpica e Sober o presidente Rueda segue así afondando nos problemas reais dos galegos, as súas impresións, suxestións e inquedanzas.

Algo para o que tamén se puxo en marcha a páxina web rueda.gal; a través da cal todo aquel que o desexe poderá trasladarlle ao presidente Alfonso Rueda todo aquilo que lle preocupa, que vai ben e o que é posible mellorar.

Deste xeito, aquelas persoas que non poidan achegarse de xeito presencial aos lugares onde estea instalado o autobús de ‘Galicia non para!’, poderán facer chegar as súas suxestións a través da web (á que se pode acceder tamén a través dun código QR impreso nos posavasos que se reparten no autocar).

Ao longo dos vindeiros días e semanas, o autocar continuará a súa viaxe por diversos concellos das catro provincias galegas.

Noticias recomendadas

Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
O Parlamento galego insta ao Adif e á Confederación Hidrográfica a facilitar a conexión do Porto Seco de Monforte coas estradas N-120 e LU-933
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta ao Adif a autorizar o proxecto de conexión do
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies