Novas Xeracións de Galicia reivindica ante Europa o modelo de educación gratuíta implantado na nosa Comunidade polo Goberno de Alfonso Rueda e que consideran un “exemplo a seguir” para outras rexións á hora de facer fronte ao reto demográfico e garantir a igualdade de oportunidades.
“Medidas como a gratuidade educativa desde a etapa infantil ata a universidade que se aplicou en Galicia son unha referencia para todas as rexións europeas en termos de conciliación familiar e loita contra o reto demográfico”, asegurou hoxe o vicesecretario de Organización Territorial e Institucional da organización xuvenil do PPdeG e tamén concelleiro do partido na cidade da Coruña, Carlos San Claudio.
En calidade de membro da rede Young Elected Politicians (YEP), o político coruñés participou nas xornadas organizadas polo Partido Popular Europeo no Comité das Rexións co título Local Dialogue on Empowering Regional Talents: Fostering Local Skills, Resources, and Cultural Identity for Sustainable Development.
Estas xornadas enmárcanse na Semana Europea das Rexións, na que tamén están a participar o coordinador de Emprego do PPdeG, Pablo Fernández López, e o alcalde do concello ourensán de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.