Rodrigo García Nos últimos días, a figura de Manuel Fraga volveuser tema de debate na sociedade galega debido ao ataque que sufriu o seu busto en Vilalba. En redes sociais, no Senado e mesmo no Parlamento Galego, o independentismo galego e boa parte do nacionalismo multimarca aproveitaron este acto para volver intentar ensuciar a súa figura do ex-presidente de Galicia. Mais isto, aínda que non sorprende a ninguén, segue a chamar a atención, porque 14 anos despois do seu pasamento, este tipo de individuos obedecen a directrices de extrema esquerda obsesionados con remover o pasado sen ter ningún tipo de interese por coñecelo.
E isto a que se pode deber? Sen dúbida, a que Fraga representa un modelo de político que eles non son capaces de entender e, polo tanto, odian. Fronte a unha Galicia pechada e afastada do mundo, el soñaba cunha Galicia aberta e plural; fronte ao seu independentismo radical, está o galeguismo aperturista e moderado de Fraga, do que aínda hoxe é un símbolo. E en cada proceso electoral, o BNG ademais de contra a desconfianza do pobo galego, bate continuamente cunha das grandes creacións de Don Manuel: a formidable máquina de gañar maiorías absolutas no noso país, o Partido Popular de Galicia. Estas son as razóns, e non outras, polas que os independentistas, seguen odiándoo.
Ao BNG non lle importa condenar a un presidente elixido por maioría absoluta durante más de 15 anos, pero xa lle treme máis a man cando se trata, por exemplo, de falar mal da ditadura de Venezuela —non é de estrañar, é o seu modelo para Galicia—. Tampouco lles importa tender a man a Putin e os seus ataques a Ucraína; ao Partido Comunista de Vietnam, que leva 50 anos oprimindo ao seu pobo; ou apoiar ao réxime iraní dos aiatolás.
Despois moita xente do propio BNG din non entender nada cando o PPdeG segue sendo a opción das maiorías absolutas, como acaba de publicar Sondaxe, entreos galegos e galegas. O que está pasando é que Galicia non quere nin os seu radicalismo, nin o seu independentismo, nin os seus dogmas, nin as súas rutineiras manifestacións semanais. O que queremos é unha Galicia democrática, aberta, plural e orgullosa: aquilo que o BNG nunca representará e que Fraga, sen dúbida, axudou a construír.