Skip to content

O PPdeG logra a constitución do relatorio da AP-9 no Congreso, crucial para avanzar no desbloqueo da transferencia da Autopista do Atlántico a Galicia

O PPdeG logra, tras meses de reclamacións e bloqueo por parte do PSOE, a constitución formal no Congreso dos Deputados do relatorio da proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) á comunidade autónoma de Galicia. Os deputados populares Celso Delgado, Pedro Puy e Tristana Moraleja celebran este logro, despois das intencións do Goberno de Sánchez, que pretendía adiar este trámite ata despois de Semana Santa.

“O PSOE quería dilatar novamente o proceso ata despois de Semana Santa, pero dende o PPdeG insistimos na celeridade e na importancia de abordar un calendario de reunións”, apuntan os populares. Lembran que a proposición de lei orgánica de transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e as competencias da autoestrada da Atlántico AP-9 proveñen da unanimidade do Parlamento de Galicia á iniciativa, e foi tomada en consideración polo Pleno do Congreso en xuño de 2024, só co voto en contra de VOX.

“A pesar de decretarse a súa tramitación polo procedemento de urxencia, o Goberno, que controla ferreamente a Mesa do Congreso impuxo un boicot á tramitación, con 45 prórrogas do prazo de presentación de emendas ao articulado ata que, como consecuencia das presións do Grupo Parlamentario Popular, se pechou o prazo o 22 de outubro do presente ano”, subliña Delgado.

COMPORTAMENTO ESCANDALOSO E DEPLORABLE

O deputado popular tacha de “escandaloso e deplorable”  que o grupo Parlamentario Socialista, por indicacións do Goberno, rexistrase oito emendas ao articulado, opoñéndose á transferencia da titularidade da AP-9, expondo unha simple transferencia de competencias sobre administración e explotación e, ademais, que esta autoestrada se manteña dentro da rede de estradas do Estado.

“Estas emendas referendadas polo ministro Óscar Puente van na dirección contraria ao que demanda por unanimidade o Parlamento de Galicia, que é a transferencia á comunidade autónoma da titularidade e as competencias sobre o réxime xurídico da concesión e as funcións e os servizos que ata o de agora exerce a Administración Xeral do Estado”, insiste Delgado.

Os relatores do Grupo Popular, Celso Delgado, Pedro Puy e Tristana Moraleja seguirán impulsando a tramitación da que é unha “xusta demanda da sociedade galega”, tendo como obxectivo unha autoestrada AP-9 galega e libre de peaxes.

A CONSTITUCIÓN

A constitución do relatorio celebrouse hoxe ás 8,30 horas e asistiron os tres relatores do PP, os tres do PSOE, os dous de Sumar e  un relator de Junts, PNV, ERC. Non estiveron presentes os relatores de VOX e de Bildu. O deputado Celso Delgado solicitou que, tendo en conta o número de emendas rexistradas, tan só 11 (3 de Sumar e 8 do PSOE), se debería ter unha nova reunión do relatorio despois Semana Santa, para organizar e comezar os traballos.

Noticias recomendadas

O PPdeG lembra a Miguel Ángel Blanco como presidente honorífico das Novas Xeracións, “símbolo da coraxe democrática” e “exemplo para os mozos” fronte os que non condenan a ETA
O PPdeG homenaxea a Miguel Ángel Blanco no noveno aniversariodo seu nomeamento como presidente honorífico das Novas Xeracións do Partido Popular, como “exemplo moral e de coraxe democrática” para os mozos,
O Parlamento de Galicia aproba reclamar ao Goberno central a aplicación do IVE franquiado aos autónomos
O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, reclamar ao Goberno central a que aplique, de maneira urxente, a Directiva da Unión Europea 2020/285 que posibilita a posta en marcha do réxime
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno central a que suspenda a modificación do Regulamento de Costas
O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, instar ao Goberno central a que suspenda a tramitación do anteproxecto de Real Decreto de modificación do Regulamento Xeral de Costas. O portavoz de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies