O PP erixiuse hoxe, nun acto celebrado en Mos, no “verdadeiro defensor da igualdade” entre mulleres e homes nun multitudinario
encontro no que se lamentaron as políticas fallidas do PSOE e do Goberno de Pedro Sánchez para a equidade das mulleres e se salientou compromiso dos populares para a súa consecución.
O encontro, que acolleu a centos de persoas, contou coa presenza do vicesecretario de Igualdade e Educación do PP, Jaime de los Santos; a alcaldesa de Mos e candidata número 1 ao Senado, Nidia Arévalo; e o cabeza de lista ao Congreso,
Julio García Comesaña.
No acto lamentáronse as erráticas políticas do Goberno de Pedro Sánchez, como a Lei do Só Si é Si, que permitiu a excarceración ou redución de penas de centos de homes condenados por delictos sexuais, ou os graves fallos das pulseiras
antimaltrato e apostouse por unha consecución de igualdade rápida e efectiva coas
políticas do PP.