O autobús de ‘Galicia non para!’, co que o presidente do PPdeG Alfonso Rueda está a percorrer a comunidade galega para manter un contacto máis directo coa cidadanía, non poderá facer parada este domingo, día 19, en Castro Caldelas.
Al alcaldesa socialista, Sara Inés Vega, denegou hoxe mesmo á empresa propietaria do autobús a autorización para ocupar a vía pública, resolución que só trasladou de forma verbal malia os intentos por varias vías de obter una contestación por escrito.
Os populares de Castro Caldelas, e por extensión da provincia de Ourense e a formación en Galicia, lamentan a actitude da alcaldesa en tanto que está a impedir o contacto directo de Alfonso Rueda coa veciñanza da vila, demostrando ter unha idea moi alonxada do verdadeiro significado da democracia.
Para os populares, impedir que un dirixente político do PP tome contacto coa realidade das galegas e os galegos é unha mostra máis de como entenden desde as filas socialistas o xogo democrático, é dicir, poñendo todas as trabas posibles o labor dos políticos populares. Unha actitude que revela nerviosismo e medo ante a forza do Partido Popular en Galicia.
Está é a primeira ocasión na que autobús de ‘Galicia non para!’ atopa a negativa dun concello para facer parada coa veciñanza des que botou a circular polas estradas galegas o pasado 1 de outubro. Desde entón percorreu xa oito concellos: Silleda, Portomarín, Porto do Son, Bande, Cuntis, Malpica, Sober e Ames.