O eurodeputado galego do PPdeG, Adrián Vázquez, recibiu esta semana en Bruxelas a unha delegación de 25 mozos de NNXX de Galicia, a quen define como “decisivos” para o “cambio necesario” en España a partir do 29 de novembro. Así o defendeu durante a visita dos mozos e as xornadas de formación, que se centraron nas campañas electorais e nas oportunidades laborais que ofrecen as institucións europeas.
Vázquez puxo en valor o papel de Novas Xeracións como canteira do partido e asegurou que o PP afronta o próximo ciclo electoral, “co mellor proxecto e co equipo máis preparado”. “Galicia é o exemplo do que o Partido Popular é quen de facer cando goberna: estabilidade, boa xestión e unha maioría que se gaña en cada parroquia. Ese modelo é o que España necesita, e estes mozos van ser decisivos para logralo”, sinalou.
Nesa mesma liña interveu o eurodeputado pontevedrés Millán Mon, convencido de que Galicia volverá desempeñar un papel decisivo como motor do cambio político o próximo 29 de novembro. «Os mozos galegos terán unha contribución fundamental nese obxectivo. Fronte á inestabilidade, a falta de xestión e as mentiras do actual Goberno central, Alberto Núñez Feijóo representa a experiencia, o rigor e a capacidade de xestión que España e Galicia necesitan e merecen», afirmou.
Do mesmo xeito que os galegos non quere “nin nacionalismos nin sucursalismos”, amosouse convencido de que son maioría os españois que están desexando unha política que se pareza máis á que triunfa en Galicia.
DOUS DÍAS DE SESIÓNS DE TRABALLO CON EXPERTOS
Durante dous días, os mozos populares galegos participaron en sesións de traballo con expertos en comunicación, asuntos públicos e internacionais co obxectivo de mellorar as súas habilidades e coñecementos para a campaña electoral que comeza este xoves.
Ademais, coñeceron de primeira man las distintas vías de acceso a unha carreira profesional en Bruxelas: oposicións de la EPSO, prácticas nas institucións —como as bolsas Schuman do Parlamento Europeo ou las prácticas Blue Book da Comisión—, postos de asistente parlamentario e emprego no sector privado, en la OTAN e nas representacións rexionais.
ADRIÁN VÁZQUEZ: “OS MOZOS NON SON O FUTURO DO PPDEG: SON O SEU PRESENTE”
Adrián Vázquez destacou a importancia de que os mozos se formen e se impliquen na vida pública. “Investir na formación dos mozos é investir no futuro de Galicia e de España. Queremos que estes mozos volvan a casa con ferramentas profesionais e a certeza de que Europa tamén é o seu sitio”, afirmou.
O eurodeputado lalinense subliñou que Bruxelas “está chea de oportunidades que moitos mozas descoñecen” e animou aos participantes para aproveitalas: “As institucións europeas necesitan talento galego. Hai que perder o medo para vir aquí, a presentarse a unhas oposicións ou a pedir unhas prácticas. Quen dá o paso descobre que Europa abre portas que suman moito en Galicia, España e o mundo enteiro”.
MILLÁN MON DEFENDE A FORMACIÓN SOBRE A UNIÓN EUROPEA
Pola súa banda, o eurodeputado do PPdeG, Francisco Millán Mon, tamén celebrou a visita de 25 mozos de Novas Xeracións de Galicia ao Parlamento Europeo, a casa de todos os europeos.
«A Unión Europea chegou hai moito tempo para quedarse. Por iso, resulta moi positivo que os nosos mozos coñezan de primeira man as oportunidades que a UE lles ofrece para estudar, a través de programas como Erasmus -que celebrará o seu 40º aniversario en 2027-, e para adquirir experiencia profesional mediante iniciativas como las prácticas Blue Book da Comisión Europea ou as bolsas Schuman do Parlamento Europeo, entre outras», dixo.
Ademais, Millán Mon engadiu que “desde hai moitos anos veño defendendo a conveniencia de implantar unha materia optativa sobre l Unión Europea nos centros escolares, que permita aos estudantes coñecer mellor os antecedentes, os obxectivos e o funcionamento das Institucións Europeas».