O eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez subliña que, grazas ao Partido Popular, os concellos galegos confirmaron esta semana que a imposición do taxazo ao lixo que quere impoñer o Goberno de Sánchez “non é culpa de Bruxelas”, senón que “vén de Madrid”.
O vicepresidente executivo da Comisión Europea, Maros Sefcovic, negou nunha resposta aos populares que a lexislación europea obrigue ao Goberno español a aplicar unha taxa de lixo en todos os concellos a partir do mes de abril de 2025, tal e como levan defendendo moito tempo desde Moncloa e como pretenden impoñer.
“Non hai nada peor que empezar un novo traballo e que, na primeira semana, te pillen mentindo. Iso é o que lle pasou a Teresa Ribeira cando a Comisión Europea nos confirmou que ese taxazo ao lixo era mentira”, sinala Adrián Vázquez.
O eurodeputado galego explica que “non é unha obrigación que vén de Europa, é unha obrigación que fai o Goberno de Sánchez, que o único que lle interesa é recadar máis para gastalo onde non debe”.
Por iso, grazas o traballo que fixo o Partido Popular, os alcaldes e alcaldesas dos 313 concellos galegos saben agora que este “Sanchazo” é unha cousa que “vén de Madrid, non de Bruxelas”. “E si, estamos a favor da economía circular, pero non estamos a favor que se lle cargue ao cidadán, cada vez máis, o que non se lle ten que cargar”, conclúe Vázquez.