Skip to content

Alberto Pazos: “O noso obxectivo é claro: apoiar a quen sostén o país, garantíndolle máis oportunidades, estabilidade e benestar”

Resumo do Debate sobre política xeral: péchase coa aprobación de 51 resolucións (39 das presentadas polo Grupo Popular, 4 do Grupo Mixto, 1 do Grupo Socialista e 1 do Grupo Parlamentario do BNG); ás que hai que engadir 1 transaccionada entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista (sobre a Lei de Cultura inclusiva), 1 transaccionada entre o Grupo Popular e o Grupo Parlamentario do BNG (sobre a cogobernanza de fondos europeos), e 4 transaccionadas entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto (sobre comercio, seguridade viaria, a transferencia de estradas autonómicas e sobre o Xurés).

Ademais, das 51 resolucións aprobadas, 11 saíron adiante co apoio unánime dos deputados do Parlamento galego.

Alberto Pazos dixo que, fronte á “crispación, o conflito e a crítica pola crítica” dos grupos da oposición, hai un goberno que goberna por Galicia.

Tal e como salientou o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, o Debate de política xeral serviu para amosar a estabilidade política e a normalidade democrática que hai en Galicia.

Fixo referencia a unha oposición “absolutamente” afastada da realidade da nosa Comunidade: “Está ‘o modelo do non’ do BNG e o ‘non hai modelo’ do PSdeG”. E incidiu nos “deberes feitos” do Executivo de Alfonso Rueda, que, no ecuador da lexislatura, xa leva o 85% das propostas de goberno cumpridas.

Ante a falta de orzamento estatal, afeou o silencio e a complicidade tanto de BNG como de PSdeG: “En Madrid, calan, cando a falta de orzamentos do Estado lle resta a Galicia 388M€ en catro meses”.

“A boca pechada para reclamar ao Goberno central –engadiu- e a boca grande para malgastar os cartos dos galegos”. E é que, segundo trasladou Pazos, as propostas formuladas polo BNG cústanlle aos galegos un total de 6.355M€: “En nove propostas de resolución, case o 50% do orzamento da Xunta”.

Sobre o autogoberno, cualificou de “boa noticia para Galicia” o acordo co BNG para que Galicia teña maior capacidade de xestión dos fondos europeos que permitan un maior desenvolvemento do noso territorio.

Aproveitou, tamén, para remarcar as axudas de preto de 23M€ que o Goberno galego destina á recuperación do sector do marisqueo e instou ao Goberno central a que rebaixe o IVE dos produtos do mar e da carne.

E volveu reclamar que se apliquen de forma inmediata a aplicación das cláusulas de salvagarda de Mercosur e se intensifiquen os controis de fronteira. Asemade, pediu que non se reduzan os fondos europeos destinados ao sector agrogandeiro.

“Seguiremos defendendo un campo galego forte, porque o agro é sinónimo da Galicia que somos”, apuntou, e informou da proposta do Grupo Popular para establecer un sistema de cálculo dos custos de produción e a posta en marcha dunha prórroga automática dos contratos para evitar o desperdicio do leite.

Para que as familias poidan vivir no rural, o Grupo Popular propón novas axudas para os concellos máis pequenos e novos préstamos para acceder con máis facilidades aos programas europeos de desenvolvemento local.

Ao longo da lexislatura, o Goberno galego investiu máis de 87M€ na mellora das infraestruturas turísticas, especialmente, ao longo do Camiño. Neste punto, Alberto Pazos avanzou que se poñerán en marcha iniciativas que fagan do Xacobeo 2027 un ano histórico.

Neste punto, lamentou as trabas do Goberno central para habilitar os incentivos fiscais para empresas patrocinadoras e colaboradoras na celebración do Ano Santo e criticou o modelo turístico do BNG: “É o de rachar co Xacobeo”.

Avogou porque os galegos participen dos beneficios asociados ao aproveitamento dos recursos naturais e que se blinde o seu retorno social e económico para o conxunto do país.

Fronte a aposta do PPdeG polo avance das enerxías renovables, hai un PSdeG que “desconecta unha provincia enteira” da rede eléctrica, limitando o seu desenvolvemento industrial; e un BNG que non quere nin eólicos nin hidráulica nin biogás.

Avanzou, tamén, propostas para mellorar as infraestruturas viarias e ferroviarias. Neste senso, instou ao Goberno central a que se recuperen as frecuencias de tren suprimidas desde a pandemia, un plan director completo do Corredor Atlántico, máis pulo para o AVE entre Vigo e Porto, a renovación entre Ferrol e Ribadeo ou o convenio para a estación intermodal de Ferrol.

“Este é o Debate de política xeral da clase media, que é o motor de Galicia”, sinalou o portavoz do Grupo popular, con propostas, engadiu, realistas, efectivas e centradas no importante. E con medidas para “a xente que levanta a persiana dos seus negocios cada mañá e a xente que aposta por emprender”. Neste punto, referiuse á reclamación da franquía do IVE para os pequenos negocios e os traballadores autónomos.

Fixo fincapé en que para o PPdeG a vivenda é un obxectivo “prioritario, constante e irrenunciable”. Así, propón elevar o limiar máximo de renda ata catro veces o IPREM para optar a unha vivenda pública, e reservará o 30% destas vivendas en venda para persoas de entre 36 e 45 anos. Ademais, a partir do próximo ano, Galicia bonificará o 100% do imposto de actos xurídicos documentados para as vivendas protexidas.

Cualificou de “propaganda barata” a política en materia de vivenda de Pedro Sánchez e recordou que o Goberno galego leva dez anos pedindo a cesión de vivendas da Sareb.

Urxiu un reforzo real e efectivo das políticas de protección das vítimas de violencia de xénero. Neste punto, o portavoz do Grupo popular pediu ao Goberno central que “actúe” ante os fallos das pulseiras antimaltrato, a reforma do sistema Viogén ou a falta de presenza policial.

Insistiu, tamén, na débeda de 3.000M€ en dependencia do Executivo de Pedro Sánchez con Galicia e destacou que o obxectivo do Goberno de Alfonso Rueda é que o Bono Coidado, que actualmente beneficia a 40.000 persoas dependentes, chegue a 10.000 galegos máis.

Por outra banda, referiuse á mellora para a abordaxe das baixas laborais, incluíndo a creación de unidades especializadas: “Trátase de blindar os dereitos dos traballadores e, á vez, de mitigar o impacto desta problemáticas nas empresas”.

Para rematar, subliñou que as propostas do Grupo Popular van dirixidas a quen é o piar fundamental de Galicia: a clase media, de aí as medidas dirixidas a mellorar a súa calidade de vida, desde o alivio fiscal, o acceso á vivenda, a promoción de emprego e servizos públicos esencias de calidade. “O noso obxectivo é claro: apoiar a quen sostén o país, garantíndolle máis oportunidades, máis estabilidade e máis benestar”, sentenciou.

 

Noticias recomendadas

Paula Prado reivindica as propostas de resolución do PPdeG centradas en dar resposta ás preocupacións cotiás e reforzar o benestar da maioría social
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, compareceu hoxe para dar conta das propostas de resolución rexistradas no Debate de Política Xeral, nun contexto marcado pola confrontación de dous modelos
Pazos di que, fronte ao relato “distópico e apocalíptico” da oposición, hai un presidente que cumpre e goberna para que Galicia avance
Alberto Pazos contrapuxo o compromiso democrático e o respecto polas institucións do presidente Alfonso Rueda co do presidente Pedro Sánchez: “Aínda non se cumpriron catro anos desde que se converteu
Millán Mon destaca el papel estratégico de los acuerdos de pesca sostenible de la UE
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon intervino hoy en una conferencia sobre el futuro de los Acuerdos de Colaboración de Pesca Sostenible (SFPAs), co-organizada por el Comité Económico
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies