As alcaldesas populares de Oímbra e Ponteareas, Ana Villarino e Nava Castro; así como as concelleiras de Arteixo e Malpica de Bergantiños, Inés Ramos e Noelia Freijeiro, participan en Cabo Verde na creación da Rede de Mulheres Autarcas Caboverdianas, integrada por máis de 200 representantes municipais do arquipélago africano.
As populares forman parte dos municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que estes días intercambian experiencias no país lusófono coas súas homólogas africanas. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 120 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.
As representantes do Partido Popular interviñeron no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, que naceu co obxectivo de promover a igualdade e fortalecer o seu liderado a nivel municipal, onde destacaron o papel protagonista que teñen no PPdeG, o partido galego con máis mulleres alcaldesas, así como nas diferentes cámaras (Parlamento, Congreso e Senado).
As populares galegas tamén ofreceron a súa visión no panel ‘Mulleres na política local: barreiras, oportunidades e leccións aprendidas en Cabo Verde, Mozambique e Galicia’, que abordou o fomento da participación efectiva das mulleres no poder local.