Skip to content

Alfonso Rueda: “Debemos recordar á xente que cada voto ao candidato socialista de Vigo é un voto a favor de Pedro Sánchez e da súa política”

24 de xaneiro de 2023. O presidente do PPdeG animou aos populares vigueses a “ser valentes” e a “seguir traballando” ante a “enorme oportunidade” que supoñen as eleccións municipais do 28 de maio: “Queremos mellorar e sabemos que é posible”.

Fixóo onte na Xunta Local do PP de Vigo, na que participou tamén o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López. Alí reivindicou a “motivación” e a “forza” da candidatura de Marta Fernández-Tapias e neste sentido mostrouse convencido de que isto se trasladará ao seu equipo e á cidadanía: “A xente quere que falemos do importante e non vivamos instalados nunha confrontación constante”.

“Mentres se fai populismo e se repiten mentiras que nunca se converten en verdade, non se fala nin de Stellantis, nin do fracaso do Perte do automóbil, nin de por que temos que seguir esperando a que cheguen a Galicia os fondos europeos que si se lle conceden a outras comunidades, nin de por que se promete a Saída Sur pero non se lle consignan os orzamento preciso para facela realidade”, remarcou o líder dos populares galegos ao tempo que reivindicaba que “a Xunta é a administración que máis inviste en Vigo”.

En clave electoral, Alfonso Rueda quixo recordar que “cada voto ao PSOE nas eleccións municipais é un voto a Pedro Sánchez, polo que votar ao candidato socialista en Vigo supón referendar a súa política”.

O presidente do PPdeG afirmou que as eleccións municipais son “a primeira etapa para as eleccións xerais” e mostrouse optimista ante as posibilidades que se presentan para a formación: “En 2011 o escenario era o mesmo e conseguimos un gran resultado nas municipais e logo nas xerais. Xa o conseguimos e volveremos facelo”.

 

MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS: “DEBEMOS TRABALLAR CON GANAS E FORZA”

Pola súa banda, a presidenta do PP de Vigo e candidata á alcaldía, Marta Fernández-Tapias, puxo o cronómetro en conta atrás e sinalou: “Enfrontámonos a un reto difícil pero non imposible, polo que debemos traballar con ganas e forza, evitando caer nas provocacións”.

Neste sentido apuntou que son moitas as persoas que están descontentas coa situación actual na cidade: “A ninguén se lle escapa o que está a pasar e cada vez son máis as voces críticas que piden un cambio de políticas e actitudes”.

Fernández-Tapias fixo balance da actividade do partido nos últimos meses, nos que se visitaron parroquias, se mantiveron reunións con colectivos representativos da cidade e se organizaron encontros con veciños e paseos, demostrando así a intensidade coa que arrancaron os populares vigueses este ano electoral.

A máxima representante do Partido Popular na cidade compartiu coa Xunta Local os tres obxectivos que marcan o seu liderado e que pasan indiscutiblemente por manter un partido “forte e unido, no que todos remen na mesma dirección”.

Como candidata comprometeuse a convencer aos vigueses e a lograr o seu apoio coa axuda dun partido unido, comprometido coa cidade e implicado ao máximo.

Deixou claro que non vai renunciar a unha das súas máximas, a de seguir ensanchando as bases do partido para que “cada vez sexan máis os vigueses que se sintan identificados coa nosa formación na cidade e orgullosos do que representa o Partido Popular”.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies