Visita do presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, a Betanzos acompañado polo cabeza de lista pola provincia da Coruña, Diego Calvo, e a tamén candidata provincial Cecilia Vázquez.
Durante o percorrido, visitou lugares emblemáticos da vila como a Porta da Ponte Vella ou o paseo á beira do río Mandeo e reiterou o seu compromiso de seguir impulsando a dinamización e revitalización do conxunto histórico-artístico da vila mediante o Plan Rexurbe.
De feito, en materia de vivenda, o programa electoral do PPdeG inclúe a aposta por seguir dando vida aos centros históricos rehabilitando inmobles abandonados e o emprego da madeira certificada na rehabilitación de vivendas. Ademais do compromiso de ampliar o parque público de vivenda.