O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, felicitou á presidenta en funcións de Estremadura, María Guardiola, pola súa vitoria nas eleccións autonómicas deste domingo nas que conseguiu 29 escanos que, na súa opinión, a “lexitiman” para formar goberno.
Nunhas declaracións aos medios de comunicación antes de participar na Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, Rueda apoiou á gañadora das eleccións estremeñas destacando que conseguiu «máis escanos dos que tiña ata o de agora» e que estes 29 asentos na Asemblea de Estremadura supoñen ter máis que toda a esquerda xunta, quen suma 25 entre o PSOE e Unidas por Estremadura.
Ao ser preguntado polas posibles negociacións co líder do PSOE estremeño, Miguel Ángel Gallardo, para que Guardiola poida formar goberno en solitario, o líder do PPdeG evitou dar consellos pero definiu os 18 escanos dos socialistas como un «trompazo espectacular peor do que se esperaban».