Skip to content

Alfonso Rueda reivindica o proxecto do PP de Lugo fronte ao escándalo permanente do PSdeG e o silencio hipócrita do BNG ante o ‘caso Tomé’

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o proxecto do PP de Lugo como “única alternativa” fronte ao “escándalo permanente” no que está inmerso o PSdeG e ao “silencio hipócrita” do BNG ante un ‘caso Tomé’ que evidencia que “o goberno provincial non traballa polos lucenses porque dedica o seu tempo a ocuparse dos seus propios escándalos”.

Durante a súa intervención no pincho de Nadal organizado polo partido na provincia e no que tamén participaron a súa presidenta, Elena Candia, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o líder dos populares galegos criticou a situación na que se atopan os dous partidos que a día de hoxe seguen gobernando en coalición tanto a Deputación como o Concello.

“Por un lado, temos a un PSdeG sumido nos escándalos cun José Tomé que dimite pero non moito, cun secretario xeral do partido que comparece para non render contas e con medio partido asinando manifestos en contra doutro medio. Mentres tanto, os seus socios do BNG fan o que fan sempre cando lles toca aos seus socios: calar e outorgar”, afirmou.

Rueda asegurou que todo isto ten que acabar canto antes polo ben dos veciños de Lugo e dirixiuse a todos eles para subliñar que o Partido Popular é a alternativa que necesitan para que se fagan ben as cousas. Algo do que puxo como exemplo a aprobación dos Orzamentos de 2026 onte no Parlamento.

Unhas contas nas que Lugo volve ser a provincia con máis gasto por habitante e prevé investimentos na cidade como a estación intermodal, a ampliación do polígono das Gándaras ou a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa. Ao que hai que engadir as 600 vivendas públicas xa en marcha e as 1.200 para as que se porá á súa disposición solo no Sagrado Corazón.

“Aí está o noso plan para Galicia e para Lugo”, concluíu o presidente do PPdeG facendo un chamamento aos seus a facer valer que son “a alternativa” e poñer en valor todo o feito coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027.

UN CASO QUE ESTÁ A DEBILITAR Á INSTITUCIÓN PROVINCIAL

Na mesma liña, a presidenta do PP lucense, Elena Candia, condenou o silencio do PSdeG e, especialmente, da secretaria de Organización do PSOE lucense e deputada provincial ante as últimas informacións sobre o caso de presunto acoso sexual por parte de José Tomé nas que se evidencia que era coñecedora: “É unha vergoña”. Nese sentido, considera que Pilar García Porto “debería ter dimitido por silenciar estes feitos vergoñentos que supoñen silenciar á vítima”.

A xestión por parte do PSdeG é “bochornosa: á falta de explicacións hai que sumar as súas propias contradicións, as leas internas e os escándalos a nivel nacional”. Pero, ademais, o caso “está a debilitar á institución provincial” onde seguen a gobernar tanto Tomé coma García Porto apoiados polo BNG”.

“Hai que lembrar o papel dos nacionalistas é determinante: o BNG mantén as súas responsabilidades de goberno: din unha cousa, pero fan outra. É unha actitude totalmente hipócrita” tendo en conta que “son os primeiros abandeirados contra o machismo”. Candia trasladou a súa solidariedade coas afectadas e convidou ao resto de forzas políticas a poñerse do lado das vítimas.

ELENA CANDIA: “O GOBERNO DE SÁNCHEZ CONDICIONA O FUTURO INDUSTRIAL DA PROVINCIA”

A dirixente provincial presidiu previamente a reunión da Xunta Directiva Provincial onde tamén explicou que “a Xunta de Galicia presentou alegacións ao borrador da futura planificación eléctrica por parte do Goberno do Estado” que, ademais de chegar tarde, “non recolle ningún investimento que permita a creación de novas infraestruturas de transporte eléctrico e reforzos para a zona centro e oeste da provincia” ou proxectos de almacenamento vinculados á eólica mariña.

Concretamente, o Goberno galego reclama o incremento dos investimentos en Galicia, atender as necesidades enerxéticas das iniciativas empresariais proxectadas para os vindeiros anos e ter en conta ás CC.AA.

Candia advirte que “a política enerxética do Goberno de Sánchez condena a Lugo a quedar sen medianas e grandes empresas a curto – medio prazo”. En relación a proposta de planificación da rede de transporte eléctrico para o período 2025-2030 presentada polo Estado, asegura que “frea o futuro industrial da provincia e o desenvolvemento económico do noso territorio”, subliñou durante a reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada antes do tradicional pincho de Nadal.

E engade que se trata dunha “nova discriminación a Lugo e a Galicia que se estenderá durante 5 anos” toda vez que “a nosa Comunidade achega o 8,8% ao mix eléctrico, pero o Goberno de Sánchez só lle asigna o 2,8% do investimento total e só un 1,6% para acometer novos investimentos ou actuacións”.

Noticias recomendadas

<span style="font-style: italic;">Galicia, sus recursos y 43.000 millones</span>
Adrián Vázquez. Durante décadas, Europa se ha acomodado a depender de terceros países para el suministro de materias primas esenciales. Del Congo obtenemos el cobalto; de China, el magnesio; de Australia, el litio; y de Turquía, el boro.
O Parlamento de Galicia pide impulsar a investigación de materiais minerais fundamentais de cara ao seu futuro aproveitamento en sectores estratéxicos da economía
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG, a través da
O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que garanta a continuidade do Programa de Auxiliares de Conversa
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que tome
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies