O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”.
Manuel Baltar: “Día a día pisamos o territorio, falamos, escoitamos e programamos o que vén por diante, que é unha gran vitoria da man do mellor candidato, Alberto Núñez Feijóo, que coñece perfectamente esta provincia”
Lamentou así mesmo os “desprezos continuos” do candidato socialista “dando a entender que presidir Galicia é unha cousa menor”, reivindicando a “magnífica xestión” de Alberto Núñez Feijóo: “Así se demostrou coa confianza dos galegos en forma de catro maiorías absolutas e así se repetirá este 23 de xullo”
Alfonso Rueda remarcou tamén a diferencia entre a campaña “de rúa e de gran mobilización” dos populares fronte á campaña dun PSOE “de baixa intensidade, cun candidato virtual e incapaz de mobilizar ás 12.000 persoas que se congregaron o domingo na Praza de Touros de Pontevedra”
Ao fío da cancelación da reunión que o comisionado do Corredor Atlántico tiña prevista cos empresarios galegos, o presidente do PPdeG considérao un novo “agravio” e critica que desde xaneiro aínda non fose posible unha reunión co Goberno galego para coñecer os investimentos pendentes nesta infraestrutura
“Agardo que toda esta inconcreción cambie a partir do 23 de xullo e continuaremos sendo esixentes. Pero por sorte o próximo presidente do Goberno de España coñece perfectamente Galicia e estou convencido de que atenderá todas as cousas que levan cinco anos desatendidas”, engadiu
MANUEL BALTAR: “RESTAN 12 DÍAS PARA QUE SE RATIFIQUE O GRANDÍSIMO RESULTADO QUE ANTICIPAN TODAS AS ENQUISAS”
O presidente provincial do PP de Ourense amosouse convencido de que esta campaña desembocará nun “triunfo inapelable do PP e cun ourensán como presidente do Goberno”
Manuel Baltar quixo facer pública a súa felicitación aos candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado pola provincia polo seu traballo no que vai de campaña: “Restan 12 días para que as urnas se enchan de votos cos nomes de Ana Vázquez, Carmen Leyte e todos os seus compañeiros e se ratifique o grandísimo resultado que anticipan todas as enquisas, que non deixan de ser o retrato dunha tendencia que debemos certificar o 23 de xullo”
“O PP de Ourense ten o plus de contar co ourensán Feijóo, que onte no debate deu boa conta do seu adversario, ratificando esa gran faceta de xestor político solvente, que é o que necesita España”, afirmou
O líder dos populares ourensáns reivindicou que a súa formación ten “absolutamente enchufada” á militancia nesta campaña: “Día a día pisamos o territorio, falamos, escoitamos e programamos o que vén por diante, que é unha gran vitoria da man do mellor candidato, Alberto Núñez Feijóo, que coñece perfectamente esta provincia”