Santiago, 25 de xuño de 2021.- A Comisión 4ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, co que esta iniciativa lexislativa queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, lamentou “o razoamento ideolóxico” das as emendas presentadas por BNG e PSdeG, polo que demandou respectar a libre competencia dos operadores privados no ámbito da educación superior, do mesmo xeito que acontece na gran maioría das comunidades autónomas españolas.
?️O proxecto da universidade privada con sede en Galicia,autorizado polo Goberno do Estado con todas as garantías, responde ao dereito de autonomía universitaria e á liberdade de empresa, por qué queren situar a Galicia en clara desventaxa respecto a outras CCAA? @OvidioRodeiro pic.twitter.com/kEzWt5nRAs
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 25, 2021
Ovidio Rodeiro lembrou que “Galicia conta con tras grandes universidades públicas con moitos anos de traballo acreditado”, polo que indicou que “resúltame ridículo pensar que se van desprazar alumnos da universidade pública galega á universidade privada, ou que esta iniciativa privada vai substituír ás tres universidades públicas galegas”.
Na súa intervención, o portavoz popular criticou que os grupos da oposición “pretendan situar a universidade privada galega nunha clara desvantaxe respecto das universidades privadas doutras comunidades autónomas”. Neste sentido, preguntou “por que queren poñerlles máis dificultades á universidade privada galega, cando está autorizada polo Goberno de España do mesmo xeito que as que xa existen”.