As senadoras populares Nidia Arévalo e Pepa Pardo piden a dimisión inmediata da ministra de Igualdade, pola súa “incompetencia”, por atacar directamente ás vítimas de violencia de xénero, beneficiando a agresores en lugar de protexer as víctimas de violencia, a víctimas que temen pola súa vida e que están en risco.
Nidia Arévalo indicou que estamos antes un novo ataque á dignidade das mulleres por parte do goberno de España.
“O goberno que se autodefine como o máis feminista da historia da democracia e o que vén a ser é o goberno que leva cometido a maioría dos escándalos máis duros, máis atroces da historia da democracia en materia de violencia de xénero e de igualdade. A dignidade das mulleres se respecta, se defende e se protexe, non se negocia con ela. Pero esta non é a realidade do PSOE e da ministra Redondo” precisou a senadora popular.
“Pulseiras antimaltrato compradas nunha plataforma non oficial, pulseiras de AliExpress. Que provoca? Provoca falta de cobertura, provoca poder manipulalas e provoca ademáis a desaparición de moitísimos datos que están beneficiando aos agresores e están deixando tiradas ás víctimas, desprotexidas e tememos pola súa vida”, destacou Nidia Árevalo.
“A pregunta que nos facemos é cantas víctimas están desprotexidas. Cantas víctimas temen pola súa vida? Cantas mulleres están en situación de pánico e cantos agresores foron beneficiados? Podemos ver como as mulleres non queren o sistema porque teñen o agresor na súa porta e non o saben. Podemos ver como hai mulleres que lles salta a alarma toda a noite, cando o seu agresor está moi lonxe da súa casa. Este é o sistema que pon en marcha o PSOE·, precisaron.
“Quero rematar facendo unha pregunta á cidadanía, facéndolle unha pregunta á ministra Redondo e tamén a todos os socialistas. Que pasaría se fose unha ministra do PP a que excarcerase agresores, a que deixara ás víctimas con pulseras que non funcionan? Que pasaría?”, pregunta Nidia Arévalo.