O Grupo Popular salienta que a Xunta leva investidos máis de 1.100 millóns en obras de saneamento e depuración

Santiago, 22 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Diego Calvo salientou hoxe no Parlamento que a Xunta “leva investidos desde 2009 máis de 1.100 millóns de euros en actuacións de saneamento e abastecemento, construíu 45 novas depuradoras e mellorou a calidade das augas, logo de que todas as rías galegas recibiran investimento por parte do Goberno galego”.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba a nova Lei de ordenación do territorio, que evita desequilibrios e mellora a planificación en termos de igualdade

Santiago, 22 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova Lei de ordenación do territorio, unha norma que “influirá positivamente na calidade de vida dos galegos, tendo en conta ademais que favorece a máxima participación cidadá no desenvolvemento dos diferentes instrumentos que vaian actuar sobre o territorio”, sinalou a deputada popular Marta Nóvoa. Ademais, concretou que esta lei “actualiza, simplifica e axiliza os diferentes instrumentos da planificación urbanística para evitar posibles desequilibrios e mellorar a coordinación e planificación integral do territorio en termos de igualdade”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba a nova Lei de pesca continental, que avanza cara unha práctica máis sustentable, sostible e compatible co medio ambiente

Santiago, 22 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de pesca continental de Galicia, un novo texto lexislativo que permitirá “avanzar cara unha pesca fluvial máis sustentable, sostible no tempo e compatible coa protección do medio ambiente a medio e longo prazo, dando respostas claras, certeiras e seguridade xurídica”, manifestou a deputada do Grupo Popular Elena Candia.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que o proxecto de lei de medidas intensifica as políticas de igualdade, reduce a presión fiscal e mellora a política forestal

Santiago, 21 de decembro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Parlamento que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas “intensifica as políticas de igualdade, reduce a presión fiscal aos sectores máis castigados pola crise, modifica a lexislación que mellora a execución das políticas forestais e do medio rural, e resolve problemas e dificultades nos expedientes administrativos”.

Seguir leyendo

Pedro Puy salienta que “apoiamos unhas boas contas porque son a mellor forma de construír un bo país”

Santiago, 21 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe, no debate de totalidade do proxecto de lei de orzamentos da Xunta para 2021, que “apoiamos unhas boas contas porque son a mellor forma de construír un bo país”. Neste sentido, salientou que é un orzamento “centrado na superación da pandemia, no que 8.540 millóns de euros destínanse a sanidade, políticas sociais, educación e emprego”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular incorpora no Pleno da vindeira semana a toma en consideración da proposición de lei de reactivación económica de Galicia

Santiago, 15 de decembro de 2020.- O Grupo Popular incorporou á orde do día do Pleno da vindeira semana o debate de toma en consideración da proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, un novo texto lexislativo “fundamental para a recuperación económica e social de Galicia e que atende as demandas dos comparecentes na comisión de reactivación para eliminar trabas burocráticas para a realización de proxectos”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia demandar ao Goberno central a supresión do artigo da Lei de cambio climático que afecta ás concesións á beira do mar

Santiago, 15 de decembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación na Comisión 8ª do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España a supresión de oficio do artigo 18 do actual proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética, así como a consensuar co sector mar-industria galego calquera modificación da lei de costas no referido á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.

Seguir leyendo

Pedro Puy salienta que no vindeiro Pleno procederase á aprobación definitiva das dúas primeiras leis desta lexislatura

Santiago, 14 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que no Pleno da vindeira semana procederase á aprobación definitiva das dúas primeiras leis desta lexislatura, “dunha relevante lista de dez textos lexislativos que se están a tramitar na actualidade no Parlamento galego, que reflicten o ritmo e o traballo intenso que se está a facer”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda fórmulas para evitar os efectos negativos das restricións no paso da fronteira por motivos de saúde pública

Santiago, 11 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se demanda á Xunta para que impulse diante dos gobernos español e portugués o estudo de fórmulas para evitar os efectos negativos das restricións no paso da fronteira por motivos de saúde pública.

Seguir leyendo